Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Real Academia Galega de Belas Artes

Enderezo:

Praza Pintor Álvarez Sotomayor 1. 15001 A Coruña

Teléfono:

+34 981 211 602

Fax:

+34 981 211 602

Páxina web:

https://www.academiagallegabellasartes.org/galego/index.asp

Horario:

Luns a venres de 09:00 h. a 16:00 h.

A Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario, é unha Corporación oficial dependente da Xunta de Galicia e adscrita ao Instituto de España, como institución consultiva da Administración Pública, en todo o relacionado co estudo a conservación e a promoción das Belas Artes.

Estas funcións, especificadas nas súas Estautos e desenvolvidas mediante unha vida académica intensa, lévana a cabo os seus membros académicos numerarios e correspondentes, profesionais e especialistas de recoñecido prestixio, pertencentes ás Seccións de Arquitectura, Arqueoloxía e Museología, Pintura e Gravado, Escultura, Música, Expertos nas Artes e Artes da Imaxe.

No ano 1995 o Museo de Belas Artes trasladouse a un edificio de nova construción. Desde entón a Casa do Consulado acolle a diferentes institucións. Na planta baixa continuou aloxada a Biblioteca do Real Consulado. As estancias da primeira planta pasaron a ser ocupadas pola Real Academia Galega de Belas Artes e a segunda planta distribuíuse en tres dependencias que dan aloxamento á Academia de Xurisprudencia e Lexislación, a Academia de Gastronomía e Academia Galega do Audiovisual.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión