Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Servizo Municipal de Rede de sumidoiros

Enderezo:

Rúa Newton 22. 15008 A Coruña

Teléfono:

981 184 323

981 242 322 (Emalcsa, atascos na vía pública)

Fax:

981 184 311

Horario:

Servizo Municipal de Rede de sumidoiros:

Inverno (setembro a xuño):

Luns a venres de 08:00 h. a 14:00 h.

Verán (xullo e agosto):

Luns a venres de 08:00 h. a 13:30 h.

Semana grande (primeira completa despois do primeiro domingo do mes de agosto):

Luns a venres de 08:00 h. a 12:30 h.

Emalcsa:

24 h. (para os problemas que xurdan na rede xeral da rede de sumidoiros).

EMPRESA CONCESIONARIA: EMALCSA

EMPRESAS QUE REALIZAN O SERVIZO DE DESATASCO DE FORMA PARTICULAR

  • Vulcarol: 981 275 155
  • Segasa: 981 664 464
  • Valoriza Augas: 981 145 657


LICENZA PARA ACOMETER O RAMAL DA REDE DE SUMIDOIROS

Documentación:

  • Impreso de solicitude I (pódese recoller nas oficinas do Rexistro da área Económica Municipal, ou ben descargalo desde a páxina web: www.coruna.es)
  • Impreso de solicitude II (pódese recoller nas oficinas do Rexistro da área Económica Municipal, ou ben descargalo desde a páxina web: www.coruna.es)
    É necesario presentar os dous impresos.
  • Plano de situación a escala 1:2000
  • Plano da rede de desaugadoiro do interior do edificio en planta e alzado, a escalas de 1:100 e 1:50 respectivamente, detallando expresamente os sifones xerais e a ventilación aérea e distinguindo a rede de augas pluviais e a rede de augas residuais.
  • Descrición das disposicións e dimensións idóneas para un correcto desaugadoiro especificando o material, diámetro e pendente lonxitudinal.
  • Abono da taxa (Ordenanza Fiscal nº 1, Ordenanza Fiscal nº 3 - epígrafe 6.5 e Ordenanza Fiscal nº 7).

Se é necesario a realización de gabias, ademais débese achegar:

Lugar de tramitación: Rexistro da área Económica Municipal

AUTORIZACION PARA REALIZAR VERTEDURAS INDUSTRIAIS Á REDE DE SANEAMENTO MUNICIPAL

As verteduras á rede de saneamento municipal deben de cumprir as condicións que se detallan na Ordenanza.

Documentación:

Exposición detallada das características das verteduras:
  • CNAE(s)
  • Clasificación da actividade segundo o Regulamento do dominio público hidráulico (anexo V da Ordenanza)
  • Descrición do proceso produtivo que dá lugar á vertedura.
  • Volume de auga consumida ou que se consumirá, especificando as fontes de subministración.
  • Características da contaminación das augas xeradas antes e despois do tratamento.
  • Variacións estacionales no volúmen e características de contaminación das augas residuais vertidas.
  • Plano da rede de recollida de augas residuais e punto de conexión da rede de sumidoiros indicando a localización das arquetas de control.

Proxecto técnico de obras:

  • Antecedentes:
    Obxecto: obtención do permiso de vertedura ou a súa revisión (neste último caso, achegarase copia do permiso vixente).
    Características da localización da actividade.
    Punto de conexión á rede de saneamento con coordenadas UTM.
  • Memoria descritiva:
    Datos de produción: actividade desenvolvida, materias primas empregadas e produtos resultantes expresados en toneladas/ano.
    Procesos industriais.
    Balance de augas: fontes de abastecemento, título concesional, volume abastecido e a súa distribución no proceso industrial e, volume de vertedura.
    Características do efluente: informe analítico de cada punto de vertedura.
  • Memoria técnica das instalacións de tratamento previo:
    Sistemas e unidades de tratamento:
    Descrición do sistema de tratamento existente con cálculos hidráulicos do dimensionamiento (volumes, cargas hidráulicas, tempos de retención) e xustificación de operacións unitarias e procesos.
    Descrición detallada de equipamentos instalados, potencias de bombeo e materiais de construción.
    Medidas de seguridade para evitar verteduras accidentais, instrumentos de control propostos, proposta do seguimento e control da calidade do efluente, produción cantidade e destino dos residuos xerados.
    Planos:
    Situación dentro do concello (escala 1:50000)
    Situación xeral do abastecemento (escala 1:50000)
    Detalle do establecemento (escala 1:1000)
    Planta e alzado do sistema de depuración (escala 1:100)
    No caso de que as instalacións de tratamento ocupen propiedades de terceiros, achegar autorización expresa do titular do terreo.
  • Cando o exercicio da actividade comporte a utilización de tanques de almacenamento soterrados, deberase achegar:
    Estudo de avaliación dos efectos ambientais que incluirá a avaliación das condicións hidrogeológicas da zona afectada, do eventual poder autodepurador do chan e subsolo e dos riscos de contaminación.
    Tamén se fará constar a eventual proximidade de captacións de auga, así como as precaucións técnicas adoptadas para evitar a percolación e a infiltración de hidrocarburos.
  • Plan de emerxencia do sistema de acordo coa lexislación sectorial aplicable.

Lugar de tramitación: Rexistro Xeral Municipal

NORMATIVA

Aprobación definitiva da Ordenanza de verteduras e do servizo municipal de saneamento do Concello da Coruña, publicada no BOP nº 143 do 30 de xullo de 2013.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión