Concello da Coruña

Concello da Coruña

Equipamento

Museo Histórico Militar da Coruña

Enderezo:

Praza de Carlos I 1. 15001 A Coruña

Teléfono:

+ (34) 981 205 300

Fax:

+ (34) 981 206 791

Páxina web:

http://www.ejercito.mde.es/unidades/Madrid/ihycm/Museos/coruna.html

Horario:

Luns a sábado de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:30 h. Domingo e festivos de 10:00 h. a 14:00 h.

Prezo / Custo:

Entrada gratuíta.

Prezo: entrada gratuíta.

Visitas guiadas para grupos:

Os grupos (mínimo 15 persoas) que desexen realizar unha visita guiada polo Museo deben solicitar cita previa.

Tamén poden acudir sen cita pero, neste caso, a visita non será guiada.

Director: Coronel Antonio Montero Roncero

Outros datos:

Teñen fondos de pintura, escultura, e cerámica pertencente aos séculos XVIII e XIX.

Garda o museo diversas doazóns de militares e civís: condecoracións, armas, uniformes, cascos, bastóns e bandeiras antiquísimas, como a do Terceiro Batallón de Departamento de Artillería de Galicia.

O Museo Militar está situado nun lugar de especiais resonacias históricas, ocupando parte do que foi solar do antigo Convento de San Francisco. O actual edificio, que data de de o ano 1.940, destaca polo seu aspecto sobrio e señorial integrado na contorna de pedra da Praza de Carlos I. Na planta baixa destaca a máquina do reloxo do Palacio de Capitanía Xeral que data de mediados do século XVIII; é unha peza única, expresamente construída para o citado palacio. O museo ofrece unha das máis importantes e completas coleccións de armas de fogo: rifles, mosquetones e carabinas, coa presenza dos míticos Winchester 73 das guerras indias e do revolver Colt da conquista do Oeste, así como dos Mauser e Remington da Primeira e Segunda Guerra Mundial. Suscitan curiosidade as pistolas de Jolgar, ao parecer deseñadas para o inválido Xeral Millán-Astray, e o mosquetón de Foucellas, utilizado por este guerrilleiro na Postguerra Civil Española. Conta ademais cunha colección de canóns de bronce que posúen a rara peculiaridade de que ao ser disparados con salvas cada un dá unha nota da escala musical. É así mesmo notable a ampla colección de maquetas de diverso material artilleiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión