Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Aparcadoiro.
Área de lecer con mesas e cadeiras.
Zona de xogos infantís, con xogos adaptados para nenos con discapacidade.
Luns a domingo de 09:00 h a 22:00 h
Máis de 60 hectáreas, unha superficie de lecer de 9.500 m2, un total de case 13 km de carreiros para percorrer, 2000 m2 de estanques con patos, 230 puntos de luz, abundante mobiliario urbano... Estes datos revelan a firme aposta da Coruña por dotarse dun extraordinario espazo de recreo no que se conxugan a conservación e a recuperación da natureza coas actividades de lecer e aire libre propias dunha cidade moderna.
Este parque, desenvolvido polo Concello coa colaboración da Unión Europea e do Estado, nace froito da solidariedade e da defensa do medio ambiente. Supón a culminación dun proxecto común de toda a cidade xa que nos permite cerrar unha das páxinas máis difíciles que nos tocou vivir na historia da cidade cando aquí se derrubou o vertedoiro do mesmo nome.
No Parque de Bens a veciñanza da Coruña e as persoas visitantes poden pasear e descubrir novas vistas sobre a cidade, o Golfo Ártabro ou o mar aberto, vistas perdidas desde había anos. Desta maneira tamén a mirada se recuperou.
O 5 de xuño de 2001, menos de cinco anos despois do derrubamento do antigo vertedoiro, e coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, inaugurábase o espazo. O día da súa apertura foron máis de 30.000 coruñeses/as, convidados/as persoalmente, os/as que viñeron ata aquí darlle a benvida á cidade a este novo espazo verde, ao que aínda lle quedan moitos anos para desenvolverse.
Pero o Parque de Bens é moito máis: moito máis que amplas zonas verdes, carreiros e lagoas. É, sobre todo, unha nova forma de pensar a Terra, o noso planeta, feita realidade. O Parque de Bens é recuperación e conservación de valores naturais, históricos, paisaxísticos, arquitectónicos,... Todo iso integrado no desenvolvemento das nosas capacidades como cidadanía e como cidade.
O Parque de Bens é harmonía. Entre cada un de nós e a natureza.
Datos clave:
Datos de interese:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible