Concello da Coruña

Concello da Coruña

Equipamento

Piscina Municipal de Riazor

Enderezo:

Rúa Manuel Murguía s/n, Bj. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 800

Fax:

981 189 803 (Servizo Municipal de Deportes)

981 189 801 (Oficina Cidade Deportiva de Riazor)

Páxina web:

www.coruna.es/deportes

Servizos:

Adestramento de clubs.

Escolas deportivas municipais de natación, mantemento acuático, recuperación funcional.

Bancada con capacidade para 300 persoas.

Sauna, baño turco, jacuzzi.

Horario:

Horarios de uso libre durante o curso escolar - Mañás
Luns a Venres 7.45 a 9.00 horas
Luns a Venres 14.00 a 16.00 horas
Sábados 09.30 a 14.00 horas
Horarios de uso libre durante o curso escolar - Tardes
Luns, Mércores e Xoves 21.30 a 22.30 horas
Martes e Venres 20.15 a 22.30 horas
Sábados 18.15 a 21.15 horas

Tarifas (2022):

13.Tarifa Xeral (para actividades físicas, sen despacho de billetes)

  • 13.1 Cota de entrada pública, por persoa e hora de uso 3,42€
  • 13.2 Abono para unha persoa física de 20 usos dunha hora en horario público 22,32€
  • 13.3 Uso exclusivo rúa por hora 21,43€
  • 13.4 Uso exclusivo piscina por hora 102,80€
  • 13.5 Actividades físicas que requiran o uso das seis rúas por un período non superior a catro horas 145,64€

Nota aclaratoria: As entradas dun uso (3.42€) e os Abonos de 20 usos (22.32€) pódense adquirir nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, sitas no polideportivo Municipal do Barrio das Flores, Cidade Deportiva da Torre e Cidade Deportiva de Riazor, en horario de atención ao público de 08.00 a 14.00 h de luns a venres.

Solicitude uso instalacións deportivas municipais:

Realizarase nas oficinas de rexistro da Cidade Deportiva de Riazor, Cidade Deportiva da Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores, aboando a taxa correspondente ( Ordenanza Fiscal nº 15-2022--Reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións Deportivas Municipais ); o seu aboamento poderase efectuar tanto en efectivo como con tarxeta.

Normas para os usuarios da piscina:

  • Para acceder á piscina é imprescindible a presentación do carné ou retirar a entrada correspondente.
  • Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado de rúa.
  • É obrigatorio ducharse previamente á entrada no vaso, así como a utilización do gorro de baño.
  • Recoméndase o emprego de zapatillas de auga por motivos de hixiene, así como o uso de albornoz e lentes de natación.
  • Non se permite o emprego de colchóns, flotadores, aletas, lentes de cristal ou calquera outro elemento que poida orixinar risco para os demais usuarios.
  • Respectarase en todo momento o uso da rúa asignada a cada actividade.
  • Por razóns de seguridade queda prohibido tirarse á auga polos laterais do vaso, así como correr pola zona de praia.
  • As persoas que non saiban nadar ou padezan algunha enfermidade de risco, deberán advertilo previamente aos socorristas.
  • Co obxecto de facilitar un maior aproveitamento da instalación deberán seguir as instrucións dos socorristas.
  • Os menores de 14 anos estarán acompañados dun adulto durante o uso libre da instalación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión