Tempo de verán para experimentar xogando no Fórum e no Ágora.
Infancia
Desde el 27/06/2022 hasta el 02/09/2022
Ya ha finalizado
Desde el 23/05/2022 hasta el 25/05/2022
Condicións de participación
Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio
Para preinscrición dos campamentos do Fórum a través da web https://www.coruna.gal/cultura/es/preinscripcion-en-los-campamentos-de-verano-del-forum
Para preinscrición dos campamentos do Ágora a través da web
https://www.coruna.gal/cultura/es/preinscripcion-en-los-campamentos-de-verano-del-agora
*Pódense solicitar todas as quendas que se desexen, en ambos os centros e débese facer por orde de preferencia.
**Unha vez que realice a inscrición, recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos.
Publicación das listaxes de preinscrición: 27 de maio.
Reclamacións: 30 e 31 de maio e 1 de xuño.
Sorteo das prazas: 3 de xuño ás 10.00 h, en cada sede.
Os números resultantes do sorteo son:
Ágora: 108
Fórum: 444
A quenda de adolescentes de Ágora non se sorteou debido a que o número de solicitudes foi inferior ao número de prazas, polo que todas as persoas da lista están admitidas.
A partir dos números sorteados adxudicaranse as prazas e o martes publicaranse as listaxes de admitidos/as para que entre o mércores 8 e o venres 10 procedan ao pagamento por transferencia e ao correspondente envío por correo electrónico do xustificante ao enderezo indicado no folleto informativo.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e das listaxes de agarda: 7 de xuño nas webs coruna.gal/campamentos2022 e coruna.gal/cultura e no servizo telefónico 010.
Inscrición e pagamento: do 8 a 10 de xuño por transferencia.
Adxudicación de prazas ás listaxes de agarda: para ocupar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de agarda que non obtivesen ningunha praza, respectando a orde de numeración do sorteo. Contactarase telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para saber se continúan interesadas en inscribirse. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.
Calendario de chamadas telefónicas ás listaxes de agarda: primeira volta: o día 13 de xuño. Terán que aboar a cota os días 14 ao 16 de xuño. Segunda volta: o día 20 de xuño. Terán que aboar a cota os días 21 ao 23 de xuño. A partir do 27 de xuño, o resto das prazas que poidan quedar vacantes serán ocupadas polo público en xeral por orde de chegada, que se deberá inscribir na sede correspondente (nos horarios que se comunicarán) e aboalas no momento.
A Concellería de Cultura, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos, organiza un ano máis os campamentos do Fórum e do Ágora.
Este verán os campamentos do Fórum e do Ágora retornan á normalidade coa que viñan a se facer antes da pandemia. Favorecendo a conciliación familiar coa mesma filosofía de sempre: xogar, aprender e desfrutar fomentando a educación en valores. E, coma sempre, partindo de diferentes temáticas, dun xeito seguro e divertido e tratando de experimentar novas formas de ocio alternativo. Propoñemos
+ información e inscrición en:
PRAZAS LIBRES (a luns 27 de xuño) en ambos os centros:
FÓRUM:
Quenda 3.ª 20 prazas
Quedna 4.ª 14 prazas
Quenda 5.ª 11 prazas
ÁGORA:
Quenda 2.ª 36 prazas
Quenda 3.ª 36 prazas
Quenda 4.ª 46 prazas
Quenda 5.ª 26 prazas
INSCRICIÓN: enviar un correo electrónico, indicando o centro no que queren solicitar praza e a quenda que lles interesa a:forumagora@serviplus.org
Iranse adxudicando as prazas en función da dispoñibilidade, por rigurosa orde de chegada dos correos. Unha vez enviado o correo, recibirán resposta indicando se teñen a praza adxudicada e os pasos que cómpre seguir para a súa formalización.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible