Libros, lecturas e diversidade danse a man na Biblioteca Ágora!
Personas adultas, Familias
14/11/2022
Ya ha finalizado
Desde el 07/11/2022 hasta el 14/11/2022
Require inscrición.
Das 19.00 ás 20.30 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
15
Teléf.: 981 189 886
O obradoiro "Lecturas diversas" está orientado a persoas adultas que formen parte dunha familia na que haxa unha persoa con diversidade funcional (nomeadamente, nenos e nenas) e para aquelas persoas interesadas en achegarse a un espazo de aprendizaxe no que libros, lecturas e diversidade van da man. Neste sentido, o taller ofrecerá diferentes recursos para abordar a riqueza da diversidade dende a literatura.
Son os libros inclusivos? Poden selo? De literatura e diversidade na infancia falaranos na Biblioteca Ágora a periodista e mediadora en lectura Sonia Hermida Galán.
Sobre Sonia Hermida Galán
Sonia Hermida Galán é xornalista, con experiencia na xestión de comunicación e creación de contidos, relación con medios, recensións etcétera. Nos últimos doce anos e despois de traballar e colaborar con diversos medios e institucións públicas, a súa experiencia profesional vinculouse ao mundo da educación e a literatura infantil.
Entre a súa experiencia profesional nesta última década destaca a xestión de marcas e tendas de produtos infantís, ademais de impartir formación en comunicación e literatura infantil e fomento lector. Impartiu diversas sesións de narración oral e contacontos. É colaboradora do proxecto educativo "Non violencia. Ti que miras? Actúa!".
Formouse ademais en educación inclusiva, xogo e estimulación, infancia e diversidade, literatura e inclusión, literatura e primeira infancia, aulas inclusivas, mediación lectora. Máster de Literatura Infantil e Xuvenil da Universidade de Zaragoza cun TFM centrado na mediación lectora e criterios de selección literaria na infancia con condición de discapacidade.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible