Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O 5 de febreiro de 2019, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Ministerio de Fomento e o Concello da Coruña organizaron na cidade da Coruña un
Seminario para presentar la Agenda Urbana Española
. Esta Axenda pretende axudar aos responsables políticos e técnicos municipais a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), en particular o ODS 11 "Cidades e Comunidades Sustentables".
O obxectivo do seminario foi dar a coñecer a Axenda Urbana Española e debater sobre os distintos recursos con que contan as persoas responsables municipais para elaborar o Plan de Acción da Axenda Urbana da súa entidade local.
As distintas persoas expertas que participaron nos relatorios ofreceron unha visión baseada nas súas experiencia previas, ofrecéndonos unha perspectiva de grande interese. Este é o resumo das súas intervencións:
Das Axendas Internacionais á Axenda Urbana Española.
Gonzalo Lacurcia Abraira
, representante da Oficina ONU-Hábitat España.
A Axenda Urbana Española, relatorio ofrecido por
Ángela de la Cruz
,subdirectora xeral de Políticas Urbanas, e
Miguel Baiget
, subdirector xeral de Solo, Información e Avaliación, do Ministerio de Fomento.
A Axenda Urbana do Eixo Atlántico, por
Xoan Vázquez Mao
,secretario xeral do Eixo Atlántico do noroeste peninsular
A implementación da Axenda Urbana: os plans de acción municipais, que contou cos relatorios de representantes de dúas urbes de diferente tamaño e, por tanto, con realidades diferentes:
José Manuel Peña Penabad
, xefe de servizo en Alcaldía do Concello da Coruña, que presentou o Plan de Acción Localda Axenda Urbana da Coruña
José Ramón Bergasa Pascual
,arquitecto xefe da Unidade de Urbanismo e Servizos, do Concello de Alfaro (La Rioja)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible