Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Inicio
  • Acordos e colaboracións

Acordos e colaboracións

Imaxe

Seguindo o itinerario que nos marcamos, formulámonos a posibilidade de articulalo do seguinte xeito:

Memorando de entendemento entre o Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Urbanos (ONU-Habitat) e o Concello da Coruña co obxecto de establecer un marco de colaboración estable entre ambas as partes en todo o relacionado co desenvolvemento urbano sustentable. O fundamental será descubrir as dimensións urbanas de todos os ODS e establecer o sistema de indicadores do ODS núm. 11 e os de todas as dimensións urbanas de todos os ODS, incorporándoos no Observatorio Urbano da Coruña que contaría así mesmo cun enfoque de Igualdade e Diversidade e un ámbito metropolitano. A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 14 de decembro de 2018 , adoptou o acordo de aprobación do dito Memorando.

Protocolo de actuación entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e o Concello da Coruña para establecer o marco de colaboración estable entre ambas as partes en todo o relacionado coa implantación da Axenda Urbana Española. Este Protocolo exemplifica o compromiso dunha cidade española no desenvolvemento práctico e real da AUE ao longo do próximo período. Do mesmo xeito que o Memorando citado anteriormente, o 1 de xullo de 2020 a XGL adoptou o acordo para asinar o mencionado Protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda do Ministerio e o Concello da Coruña para o recoñecemento dun proxecto piloto do Plan de acción da Axenda Urbana Española na Coruña.

Convenio de Colaboración entre o Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Urbanos (ONU-Hábitat) e o Concello da Coruña co obxecto de establecer un protocolo de colaboración específico para o deseño e a implementación dun plan de acción local e o seu correspondente sistema de indicadores relacionado co desenvolvemento urbano sustentable. Formúlase a súa firma con cargo ao Orzamento Municipal de 2019.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión