Concello da Coruña

Concello da Coruña

Prato de terra sigillata africana D, da Forma Hayes 99A, producida entre o 510-540 d.C. (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Terra sigillata

A cerámica fina tras a conquista

 Dentro das denominadas vaixelas finas romanas, a terra sigillata foi unha das producións máis amplamente distribuída. A súa denominación procede do sigillum, unha marca de fabricación impresa no interior da base. Estas pezas, que eran fabricadas en serie, son unhas das cerámicas máis útiles para os arqueólogos, pois adoitan ofrecer información bastante precisa sobre a súa orixe e produción. Dentro da terra sigillata, distínguense varias producións en función do seu lugar de orixe (itálica, gálica, hispánica, africana...). Algunhas formas das producións do alto imperio tiñan a singularidade de presentar decoración a molde con motivos de diverso tipo en relevo, en consonancia cos gustos do momento.

En Elviña recuperáronse pezas correspondentes a estas tres últimas producións, e que proporcionan información sobre as últimas fases de uso e abandono do castro. As sigillatas coñecidas aparecen en niveis de abandono en distintas áreas do castro, así como nos niveis de uso da Casa da Exedra e nalgunhas áreas reocupadas durante o s. III d.C.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión