Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pota castrexa decorada (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Cerámica castrexa

Unha cerámica propia

A cerámica da Idade do Ferro, coñecida popularmente como cerámica castrexa, proporciona información a múltiples escalas sobre a sociedade do seu tempo. Dende o punto de vista técnico, estas pezas adoitan definirse como recipientes globulares, con bordos exvasados e bases planas. A maior parte da cerámica acostuma ser lisa e presentar unha tonalidade marrón, pero isto pode experimentar notables variacións segundo as áreas. Existen, de feito, múltiples variacións rexionais en función dos criterios decorativos, así como na elección das formas. Por exemplo, na área de Elviña son moi pouco habituais as decoracións con selo e apenas existen xerras, mentres que na área das Rías Baixas existen formas típicas de xerra e os selos son unha das decoracións máis habituais.

As formas máis habituais son as potas, pero tamén contamos con grandes ámboas de almacenaxe (coñecidas como dolium, dolia en plural) e, en casos menos habituais, xerras ou mesmo vasos e pratos. A escaseza destes últimos pode deberse á súa orixinal fabricación en madeira, tal e como acontece noutras rexións como a Galia, aínda que estas pezas non deixaron pegada dada a notable acidez dos chans galaicos, que impide a súa conservación.

Na actualidade, considérase que a fabricación oleira foi unha actividade eminentemente feminina, tal e como mostran as pegadas dixitais fixadas nalgunhas pezas.


  • Cerámica castrexa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión