Concello da Coruña

Concello da Coruña

Prato de cerámica campaniense, datado no século II a.C. (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Cerámica campaniense

Unha produción de luxo

A cerámica campaniense engloba un amplo conxunto de producións cerámicas de luxo, cuxa principal característica é a súa cubrición cun engobe negro que cobre a súa superficie. Esta cerámica fabricábase entre finais do s. V a.C. e mediados do I a.C., e foron levadas a múltiples lugares do mundo a través do comercio marítimo. En Galicia son pezas moi escasas e que aparecen só en grandes oppida ou en enclaves costeiros e/ou portuarios. Elviña e a península da Coruña son, de forma conxunta, o lugar de Galicia onde se recuperaron máis fragmentos, o que sinala a relevancia desta área como enclave comercial na costa atlántica.

Do mesmo xeito que acontece coa terra sigillata, a produción estandarizada destas vaixelas permite coñecer as cronoloxías da súa fabricación e uso con certa precisión. As pezas do Castro de Elviña datan, maioritariamente, do s. II e comezos do I a.C. Noutras áreas da Península Ibérica, a cerámica campaniense é indicativa da fase de conquista romana. Na fachada cantábrica e atlántica, ao tratarse das últimas zonas conquistadas (29-19 a.C.) e ao cesar estas producións con anterioridade estas datas, a cerámica campaniense é un claro indicativo da presenza de intercambio con anterioridade á conquista e, por tanto, de tradición local.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión