Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Rede de camiños

Fotografa aérea da rede de camiños da contorna do castro de Elviña

A rede de camiños

A importancia das vías de comunicación terrestres

O castro e o establecemento portuario realizarán unha función relevante sobre a súa hinterland, funcións como centros de consumo local e de redistribución de mercadorías. Dentro do seu contexto comarcal, Elviña posúe un carácter singular debido á relativa ausencia doutros hábitats castrexos na súa contorna, se o comparamos con outras zonas do noroeste peninsular, onde a densidade de xacementos resulta meirande. Ademais, débese ter en conta que non todos os castros son coetáneos, e existen varios en comarcas próximas asignados á I Idade do Ferro, entre os séculos VIII-V a.C.

Produto e materias primas explotadas por Roma en determinadas áreas do interior saíron polas vías terrestres en dirección a Brigantium, para desde alí ser transportado polo sur en dirección á metrópole ou ao norte, cara aos límites do imperio, relacionando este tránsito, entre outros factores, co abastecemento do exército.

Os estudos sobre redes viarias prehistóricas e antigas teñen posto a substitución nunha rede de camiños vinculada ás vías naturais de paso. No caso de Elviña e Brigantium, a xeografía de novo determinará a configuración da devandita malla.

Paralela á liña de costa occidental, situaríase unha ruta en dirección S-SO, á que as fontes clásicas se refiren como Vía XX per loca marítima. De feito Brigantium aparece citada como mansio viaria.

Desde Brigantium continuaría cara ao SE, bordeando o castro de Elviña pola zona oriental, en dirección a Lugo, cruzando o río Mero no Burgo. Este camiño bifurcaríase en dirección sur, como vía comarcal, seguindo a vía natural de tránsito sobre a que se empraza a actual estrada xeral entre A Coruña e Santiago.

Outras evidencias como a posición dos asentamentos, necrópoles e epígrafes, parece situar un camiño secundario que conectaría polo interior a Vía XX per loca marítima, entre Laracha e Cambre, pasando por Ledoño.

Ademais destas rutas principais, na contorna de Elviña existen unha serie de camiños, organizados de forma xerárquica, que permiten o acceso e a comunicación da contorna inmediata do castro e que quedaron impresos no espazo rural tradicional. Como travesías desígnanse os camiños menores a pé, os de servizo de leiras serventía e os que conducen a puntos coñecidos conservan a denominacións como o Camiño do Escorial ou o Camiño da Agra do Bico.

Coa expansión urbana da cidade, a rede tradicional de camiños foi alterada ata o punto de perderse o rastro de moitos deles. A desaparición do modelo de vida tradicional experimentada nas últimas décadas, provocou a perda dunha información valiosa, transmitida no mundo rural, que permitía a contribución ao coñecemento e interpretación do noso pasado.

Rede de camiños

Rede tradicional de camiños na contorna do castro de Elviña (a partir de Figueiras Rei,A; Rodríguez e Fernández, T. 2000. "Estudo Antropolóxico na Área do xacemento Castrexo de Elviña", Informes III: Estudos dos Plans de Investigación, Plan Director do Castro de Elviña, Universidade de Santiago de Compostela, Concello da Coruña, A Coruña".

Rede de camiños

Sistema viario do Golfo Ártabro e yacimentos (Infografía elaborada a partir de Pérez Losada, F. 2004: Entre a cidade e a aldea: Estudo arqueohistórico dos "aglomerados secundarios" romanos en Galicia, Brigantium, 13. Boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. A Coruña. Fig. 39)

  • A rede de camiños

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión