Coitelo ou fouce de ferro (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)
O inicio da siderurxia
Ademais do ouro e a prata, no mundo castrexo e galaico-romano será habitual o uso do bronce e do ferro. O avance tecnolóxico que propiciou o uso deste último metal, daralle nome á fase que cronoloxicamente se sitúa entre a Idade de Bronce e a chegada de Roma, comprendendo numerosas culturas na área indoeuropea.
O castro de Elviña construirase dentro do período denominado como segunda Idade do Ferro do noroeste peninsular, que alcanzaría desde o século IV a.C. e chegaría ata inicio do século I d.C. Xa en época romana, os traballos con ferro desenvolveranse substancialmente, coa implementación de técnicas, obxectos e coñecementos.
Para esta fase é coñecida a actividade siderúrxica en varios castros, aumentando en consonancia a do bronce e ouro. No rexistro arqueolóxico téñense documentado restos de fundición, moldes e outros materiais de taller do ferreiro, que permiten certificar a produción destes metais, como é o caso de Elviña.
No castro foron atopadas distintas pezas de ferro, como cravos e picas, pezas de uso persoal e de vestido, así como ferramentas entre as que se atopa este fío de coitelo curvo.
Coitelo ou fouce de ferro (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible