Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ilustración de David Sánchez, CC-BY.

O ferreiro

Útiles, armamento e interacción con outros mundos

Traballar o metal era unha parte esencial durante a Idade do Ferro, e parece ser unha actividade común en todos os castros. Non é estraño, de feito, que se atopen moldes, restos de metais, crisois ou restos de escouras en áreas localizadas dos castros.

Inicialmente, nas primeiras centurias da Idade do Ferro, só se coñecía a metalurxia do bronce, do cobre e do estaño. A metalurxia do ferro estendeuse desde o sur a partir dos ss. VII-VI a.C., e durante os ss. V-IV a.C. xa estaba completamente estendida por todo o territorio galaico.

A metalurxia do ferro supuxo un cambio significativo nas formas de produción. Esta require un procedemento específico que a diferenza da metalurxia do bronce, xa que non implicaba a fundición total da materia prima (isto só se alcanzaría co uso do carbón mineral no s. XVII), requiría de áreas específicas e diferenciadas para a preparación da materia prima e a obtención final do obxecto (é dicir, para o fundido e o forxado, respectivamente) e tamén implicaba un coñecemento moito máis preciso e específico.

Debemos sinalar, con todo, que a metalurxia prehistórica non tiña a concepción tecnificada e industrializada que ten para as sociedades contemporáneas. En sociedades non industrializadas, a metalurxia percíbese como unha actividade cargada de simbolismo e relixiosidade, que non só require de controlar a técnica, senón tamén de todos os axentes espirituais, relixiosos e simbólicos que se poidan ver involucrados. Entre outros aspectos, este feito pode apreciarse no cambio significativo dos lugares nos que se produce metal, que pasan de formar parte da actividade do castro para estar localizados en ámbitos periféricos e alleos ao cotián. Isto non só remarca a necesidade de evitar procesos tóxicos, senón a necesidade de controlar e preservar o coñecemento de todos estes procedementos, aos que só podían acceder iniciados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión