Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Gandeiro

Ilustración de David Sánchez, CC-BY.

Os gandeiros

Parte fundamental da subsistencia

A agricultura era a actividade económica máis importante no mundo castrexo e, dentro dela, a gandería era o complemento indispensable aos labores de cultivo.

Convén destacar que por entón non había unha especialización nas tarefas e unha mesma persoa realizaba todo tipo de traballos, excepto aqueles de carácter máis especializado como a metalurxia, a ourivaría ou o traballo da pedra.

A cabana gandeira estaba composta por ovellas, vacas e porcos. Da ovella obtiñan la, carne e leite. Da vaca aproveitábase o leite, a carne e, unha vez morta, o coiro e os tendóns. Os porcos e xabarís deixábanse crecer ata a idade adulta para aproveitar a carne e a graxa. Segundo Estrabón, con eles facían uns xamóns excelentes, equivalentes aos dos cántabros.

Esta actividade complementábase coa caza e a recolección de froitos silvestres e landras. Xa en época romana, esta actividade é constatada coa existencia de varias aras dedicadas á deusa Diana cazadora. Mesmo neste período está documentada a compañía de cans, cuxo testemuño aparece en tellas en forma de pegadas que o can pisou antes de ser cocidas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión