Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fíbula en omega, con cronoloxía do século I a.C. ao IV d.C. (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Fíbulas

As antecesoras dos botóns

Desde a Prehistoria, as fíbulas posúen unha gran importancia no mundo da vestimenta, pois funcionaron como elemento sustentante necesario para asegurar a permanencia da peza téxtil no seu uso. No Noroeste, as primeiras fíbulas datan da Idade do Bronce, experimentando múltiples variacións co paso do tempo. Unha fíbula componse de varias partes que son a agulla, a cabeceira ou eixo no que se enrola a base da agulla, a ponte ou arco e o pé, que é a zona na que se apoia a punta da agulla. As fíbulas non só son elementos funcionais, senón que habitualmente presentan múltiples detalles ornamentais, xa que tamén eran pezas para ser lucidas. Habitualmente, están realizadas en bronce, pero existen exemplos que, mesmo, foron realizados en metais tan prezados como o ouro ou a prata.

A recuperación de fíbulas en xacementos da Idade do Hierro é relativamente habitual. En Elviña foron recuperadas fíbulas de múltiples formas e tipos (longo travessao, transmontana, Saboroso, circular, omega...). Esta última, visible na imaxe e recuperada no castro, é unha peza máis sinxela: conta cun aro, cos extremos dobrados sobre a propia peza e dunha agulla (non conservado neste caso). O modelo foi elaborado en bronce, e presenta unha datación ampla, pois estas pezas aparecen desde o s. I a.C. ata o IV d.C.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión