Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Consumo

Ritos, banquetes e celebracións

Como é lóxico, consumir os produtos agrícolas e gandeiros respondería, no súa maior parte, ás actividades diarias. Con todo, a celebración de determinadas actividades implicaba, tamén, unha forma de consumir produtos completamente distinta e en lugares específicos, que pode rastrexarse desde a arqueoloxía e que achega información moi relevante sobre as sociedades do pasado.

Unha das partes principais do comercio era o consumo dos bens obtidos. Habitualmente, o propio acto de intercambiar bens levaba realizar ritos relixiosos, grandes banquetes e actividades grupais. Deste feito, contamos con evidencias na península da Coruña, onde se atoparon abundantes restos de consumo de bens, incluíndo viño e produtos foráneos nunha área na que non se vivía, senón que se recibían produtos e realizábanse actividades de interacción cos navegantes mediterráneos.

O Edificio dos Betilos quizais contou cunha funcionalidade semellante, pois a interpretación actual suxire que se trataba dun espazo culturalmente "mixto" no que ártabros e foráneos (probablemente gaditanos) realizarían actividades relacionadas co intercambio. Entre elas, destaca a realización de actividades relixiosas na estancia que acolle os betilos, pero tamén a realización de grandes banquetes noutra das súas estancias, tal e como testemuña un concheiro con restos de moluscos, bóvidos, suidos e ánforas de viño.

É posible que outros actos festivos e rituais relacionados co consumo se realizasen en estancias de carácter colectivo ou relixioso, como a Estrutura Oval ou o Templo do Ídolo Fálico. Ambas as estancias contan cun banco corrido, que implicaba a distribución dos participantes de forma ordenada ao redor dun espazo colectivo. Segundo Estrabón, esta distribución era habitual en festas e actividades sinaladas, e organizábanse segundo rango, sexo e idade.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión