Imaxe da Cosmografía de Claudio Ptolomeo, da Biblioteca Nacional, procedente do arquivo do Centro de Interpretación e Atención a Visitantes da Torre de Hércules.
A Coruña nos vellos mapas
Cando o escritor galego Otero Pedrayo cita como golfo Ártabro o arco que forman as rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol, o que fai é seguir a denominación de xeógrafos clásicos como Estrabón, Pomponio Mela ou Plinio. Co nome de Portus Magnus Artabrorum cítase a zona habitada polos ártabros.
Con independencia de que a denominación faga referencia a un porto en concreto ou non, é evidente a súa importancia, que motiva a súa aparición nas sucesivas descricións que se fan no pasado do lugar que ocupa a cidade da Coruña.
Outro xeógrafo clásico, Ptolomeo, designa o Portus Artabrorum, quen indica que "viven arredor do promontorio Nerio os Ártabros".
Os historiadores antigos tamén se refiren a unha poboación nesta zona como Brigantium ou Brigancio e, segundo Paulo Orosio, alí levántase un faro, o Farum Brigantium. Esta descrición tamén a fai outro cronista da época, Dion Casio.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible