Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Estrutura social

Estrutura social

A organización da sociedade castrexa

Cando un castrexo quería indicar a súa orixe dentro do marco territorial propio facíao co signo ) seguido do nome do seu castro mentres que se estaba lonxe da súa terra engadía o populus, que comprendía o seu castro e outros moitos, pero non existía unha organización política ou administrativa superior aos castros.

Dentro dos poboados, as escavacións arqueolóxicas parecen indicar que no período prerromano predominaba unha sociedade igualitaria. As casas, as cerámicas, as fíbulas, as xoias... aparecen esparexidas por igual dentro dos recintos.

Cada castro estaba habitado por un conxunto de familias e debemos pensar que con relacións de parentesco entre eles, aínda que probablemente tamén se realizasen unións entre membros de distintos poboados. En principio, o hábitat parece indicar que non eran familias extensas pero que, como hoxe en día, se xuntaban polo menos para beber e comer xuntos en datas sinaladas. Segundo Estrabón, nas festas comían sentados en bancos corridos, respectando a idade e o rango de cada cal, dato que confirma a arqueoloxía, pois son moitas as casas circulares con banco de pedra percorrendo o perímetro interno.

A organización familiar dentro do castro é unha cuestión difícil e polémica no mundo dos investigadores. Segundo Estrabón na sociedade castrexa existía unha preponderancia das mulleres, "os homes danlles o dote ás mulleres, as fillas son as que herdan e dan muller aos seus irmáns: isto parece ser unha especie de xinecocracia. Isto non é moi civilizado", pero moitos dos estudosos actuais pensan que non debeu de existir un predominio da muller, entre outros factores pola práctica da covada, da que tamén nos fala Estrabón, que consistía en que, tras o parto, eran os homes os que tomaban o lugar das mulleres e recibían os coidados que se lle deberan dedicar á parida.

Así, tamén hai quen defende que na sociedade castrexa a relación entre homes e mulleres debía ser equilibrada tanto económica como socialmente, xa que parece ser que ninguén podía contraer matrimonio libremente, senón a través da mediación dos seus irmáns e irmás respectivamente. O que parece estar claro é que, polo menos desde o século I d.C., os que tiñan o poder a nivel familiar e político eran elementos masculinos.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión