Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ilustración de David Sánchez, CC-BY.

Nenas e nenos

Unha infancia dura

En épocas pasadas, polo xeral, as sociedades deixaron información limitada sobre aspectos relacionados coa infancia, coa excepción da achegada por certos grupos sociais privilexiados.

No caso das sociedades da Idade do Ferro, a obtención de coñecemento sobre esta cuestión resulta complexa, tendo que recorrer en moitos casos á comparación etnográfica, ás fontes proporcionadas polos autores clásicos e epigrafía, así como ao que o rexistro arqueolóxico pode achegar sobre este aspecto.

Ao contrario que os anciáns, que segundo Estrabón tiñan un papel destacado dentro da sociedade galaica, os nenos e as nenas estarían no escalafón máis baixo.

A percepción que temos hoxe en día da infancia e o status outorgado, resultan ser fenómenos moi recentes. De feito, non existen na antigüidade evidencias que sinalen medidas de protección especial para os nenos, pero si de que se trataban como unha propiedade. Dando un salto á Idade Media, podemos comprobar como os nenos eran considerados como pequenos adultos.

Estrabón sinala que as mulleres, ao parir, deixaban o sitio na cama aos homes. Tamén que moitas veces parían durante os labores agrícolas, inclinándose sobre un regato.

A esperanza de vida sería moi limitada se a comparamos coa das sociedades contemporáneas do chamado mundo desenvolvido, afectando á mortalidade en maior medida conforme menor fose a idade.

Entre os tipos de actividades que se supón que realizarían os nenos, estarían aquelas relacionadas coas tarefas cotiás que puidesen ser capaces de desenvolver, acompañando as nais en faenas de recolección e marisqueo nas zonas de costa e axudando en cuestións domésticas, agrícolas e do coidado de animais. Ante a curta esperanza de vida - á parte das cuestións sociais e económicas - urxiría a aprendizaxe en tarefas con técnicas especializadas ou artesanais, desenvolvidas polos seus familiares ou mentores. E non esquezamos que os nenos, mesmo cando non se lles deixa, xogan.

Un aspecto triste estaría relacionado coa crueldade da guerra. Daquela, o pobo conquistado e os seus bens convertíanse en botín, e pasaban as súas xentes e tamén os nenos ao rango de escravos. Esta circunstancia motivaría que algúns pobos intentasen forzar o consenso, mediante unha serie de acordos, co fin de evitar o conflito.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión