Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedimiento IG524D)

Axudas para o sector de servizos que deben afrontar investimentos extraordinarios para adecuar os espazos de traballo, aos cales normalmente deben acceder clientes e outras persoas, nos cales se exerce a actividade económica coas novas condicións sanitarias.

A quen vai dirixido?:

Empresas de servizos e do sector turístico, un dos máis afectados pola crise sanitaria.

  • Que desenvolvan a súa actividade en Galicia polo menos nun centro de traballo
  • Que empreguen menos de cincuenta (50) traballadores

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/06/2020 ata o 17/08/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/06/2020 ata o 17/08/2020

Remuneración / Dotación:

  • Para as pemes adicadas a actividades turísticas que empreguen menos de 10 traballadores, e con proxectos de gasto subvencionable entre 300 e 1.200 euros, a intensidade de axuda será do 100 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200 euros.

  • Para o resto das empresas beneficiarias, a contía da axuda será do 80 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 3.000 euros.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200625/AnuncioO92-110620-0002_gl.pdf

Organiza:

Xunta de Galicia

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

  • Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo
  • A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do cliente con elementos ou superficies e evitar a súa contaminación
  • A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e clientes
  •  Instalación de equipos de desinfección de superficies, ambientes e produtos
  • Contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica
  • Adquisición de equipos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento
  • Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante a COVID-19 implementadas no establecemento

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión