Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Convocatoria de axudas destinadas ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución da xornada para favorecer o mantemento do emprego ante fluctuacións da economía. (Código de procedemento TR820F. En réxime de concorrencia non competitiva)
Axudas para paliar a situación económica e compensar a perda do poder adquisitivo das persoas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) de suspensión de contratos ou de redución de xornada, así como axudarlles ás empresas afectadas en canto á compensación dos custos que supoña a formación das persoas traballadoras afectadas polos ERTES, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A quen vai dirixido?:
As persoas traballadoras afectadas por un ou varios ERTE de suspensión de contratos ou redución da xornada por causas económicas, técnicas, organizativas e/ou de produción entre o 01/07/2020 e o 31/10/2020 (excepcionalmente o 10/11/2020), para compensar a perda de poder adquisitivo.
As empresas que conten con persoas traballadoras afectadas por ERTE de suspensión de contratos ou redución da xornada por causas económicas, técnicas, organizativas e/ou de produción entre o 01/07/2020 e o 31/10/2020 (excepcionalmente o 10/11/2020), para compensar os gastos derivados da formación do dito persoal.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 01/07/2020 ata o 31/10/2020
Xa rematou
Inscricións:
Dende o 01/07/2020 ata o 31/10/2020
Solicitudes ata o 31 de outubro de 2020 (excepcionalmente ata o 10 de novembro de 2020)
Remuneración / Dotación:
Persoas traballadoras afectadas polos ERTE: entre 12 e 15 euros por xornada completa efectiva de suspensión/redución de contratos (compatible coa prestación por desemprego e con posibles complementos que a empresa acorde conceder)
Para empresas afectadas polos ERTE: entre 7,50 e 9,00 euros/hora de formación, ata un máximo de 50.000 euros
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible