Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021, dentro do programa O teu Xacobeo

Subvención de Proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 2021

A quen vai dirixido?:

Liña 2: persoas físicas (traballadoras/es autónomos) e persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de persoas físicas e/ou xurídicas.

Liña 3: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro. Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de entidades sen ánimo de lucro.

Cando:

Dende o 30/11/2019 ata o 30/12/2019

Este evento xa rematou

Remuneración / Dotación:

Establécense unhas porcentaxes máximas de financiamento dos proxectos e unha achega máxima por proxecto segundo se establece no seguinte cadro:

Entidades privadas - Máximo 60% do orzamento subvencionable - Ata 25.000,00 €

Entidades sen ánimo de lucro - Máximo 90% do orzamento subvencionable - Ata 20.000,00 €

Para a determinación do orzamento subvencionable detraeranse do orzamento presentado, IVE incluído, os gastos non subvencionables.

Liñas 2 e 3:

- Entidades privadas:

Entre 50 e 75 puntos: 50%. Máis de 75 puntos: 60%

- Entidades sen ánimo de lucro:

Entre 50 e 75 puntos: 70%. Máis de 75 puntos: 90%

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191129/AnuncioG0256-191119-0006_es.pdf

As subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, teñen por obxecto proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 2021 que se realicen entre o 1 de maio de 2020 e o 30 de abril de 2021, tales como: exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras.

As actividades desenvolveranse dentro dos seguintes ámbitos e disciplinas:

Ámbito artístico:

  • Artes visuais
  • Cultura dixital
  • Deseño e moda
  • Cinema e documental
  • Música: clásica, popular, tradicional, músicas do mundo e outras
  • Artes escénicas: teatro, danza, novo circo e outras
  • Ámbito de patrimonio e pensamento
  • Patrimonio material: arquitectura, arqueoloxía, etnografía, xeografía, topografía e outras
  • Patrimonio inmaterial: antropoloxía, tradicións, oficios, artesanía, gastronomía, enoloxía e outros
  • Cultura científica e editorial: publicacións, conferencias, estudos, foros, seminarios, intercambios con expertos, xornadas formativas, libros

Ámbito deportivo:

  • Torneos
  • Eventos deportivos especiais
  • Actividades dirixidas, ao aire libre, e relacionadas co benestar e coa vida activa, respectuosa coa contorna e coa natureza

Ámbito social:

  • Programas de voluntariado en todas as súas dimensións
  • Programas sociais e educativos no campo da igualdade, da inclusión social e da participación cidadá

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión