“ADÉNTRATE EN JUMANJI”
Familias, Juvenil, Infancia
Desde el 06/05/2023 hasta el 07/05/2023
Ya ha finalizado
Desde el 19/04/2023
A partir do mércores 19 de abril, ás 9.00 h. A través do formulario: https://forms.gle/T4cXVR88WnWSHi9K8
PRAZAS ESGOTADAS! 250 solicitudes en 20 minutos
Horario da actividade:
Recepción das/dos participantes: ás 19.00 h do sábado 6 de maio, no auditorio do Fórum Metropolitano.
Recollida: o domingo 7 de maio, ás 13.00 h, na entrada principal do Fórum Metropolitano (organizados por colexios).
As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubrise un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.
Cota: 25 € por participante
Inclúe: a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais para as actividades.
Pago de cota:
Requisitos para participar na actividade:
· Nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, nados entre o 2011 e o 2016, que estean a cursar educación primaria.
· Pagar a cota de inscrición no prazo establecido.
· Os/as participantes teñen que ter autonomía persoal, xa que esta actividade non conta con persoal de apoio para necesidades especiais.
forum@coruna.es
Se queres pasalo ben...
... atrévete a internarte nunha aventura sen fin, chea de sorpresas, onde todo é posible...
Moitas son as aventuras que a saga "Jumanji" nos mostrou, pero como as que viviremos no Fórum... nunca serán contadas.
Personaxes, lugares insólitos, aventuras, intrigas... estarán no Fórum para facer desa noite unha velada divertida e única...
Pero, ollo!, as cousas non son o que asemellan...
Se tes o espírito aventureir@ e queres vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece...
Explora os recunchos do Fórum para atopar, descubrir e vivir as innumerables aventuras que o taboleiro de Jumanji nos ofrece, dunha forma totalmente distinta á das pantallas.
Demostra o teu valor realizando as probas máis intrépidas e aloucadas, endexamais vividas.
Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.
Os/as participantes inscritos deberán asistir con:
· Roupa e calzado moi cómodos, preferiblemente roupa deportiva.
· Unha botella de auga para encher.
· Artigos de aseo persoal.
· Un saco de durmir.
· Opcionalmente, unha esteira ("esterilla") (se non é posible, o Fórum dispón de esteiras e un tatami).
A partir do mércores 19 de abril, ás 9.00 h a través do formulario: https://forms.gle/T4cXVR88WnWSHi9K8
Os irmáns ou as irmás terán que cubrir un formulario por cada nena/o. No caso de ser a última praza adxudicada a un/unha deles/as, entrarán xuntos, sempre e cando a marca temporal entre as solicitudes sexa inferior a dez minutos.
A partir do venres 21 de abril, as persoas inscritas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza adxudicada, por rigorosa orde de inscrición.
Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a unha listaxe da agarda.
Non se farán devolucións, agás que se cubra a praza con outro/a solicitante da listaxe de agarda.
As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubrise un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible