10 de mayo de 2019
O evento, que conta co apoio da Concellería de Culturas, programa os espectáculo 'Miguel de Molina, Al Desnudo', 'Closet' e a comedia 'Generation Why', ademais dun concerto de Putochinomaricón
A Coruña acolle esta fin de semana o Festival das artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, o Corufest, que conta co apoio da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento que encabeza José Manuel Sande. O festival, que aposta pola programación de accións para dar visibilidade á liberdade afectivo-sexual e impulsar un espazo de reflexión, diálogo cultural e inclusión social, ten como escenarios a Fundación Luis Seoane, o Teatro Colón e o Rosalía de Castro.
A oferta iniciouse o día 9 e rematará o vindeiro domingo. O Teatro Colón acollerá esta noite, ás 20.30 horas, o espectáculo Miguel de Molina, Al Desnudo. Tamén neste espazo, pero o sábado 11 haberá dúas funcións. A primeira, que comeza ás 20.00 horas, será a de Closet, da asociación ALAS, á que seguirá o concerto de Putochinomaricón, ás 21.00 horas. A comedia contemporánea Generation Why será o peche do festival, o día 12 de maio, no teatro Rosalía de Castro.
As actuacións do Teatro Colón teñen un prezo de 10 euros. O espectáculo do Rosalía de Castro custa 14 euros na tarifa xeral, pero existen tamén prezos cos descontos habituais neste recinto municipal.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible