Esta tempada de primavera propoñemos un paseo pola imaxinación que invita a gozar da maxia dos primeiros encontros coa arte.
Para público en general
Desde el 22/02/2026 hasta el 31/05/2026
As entradas sairán á venda o venres anterior á celebración de cada función, a través das canles habituais.
11:30 e 13:00 h
ENTRADAS
ACCESO A LAS FUNCIONES
agora@coruna.gal
Entramos no fondo do mar con Babili Glub (Galitoon), onde a calma das augas se rompe coa aparición dun peixiño moi especial e as súas curiosas aventuras estimulan os sentidos e a imaxinación.
Subimos ás alturas coa poesía de Y las ideas vuelan (Animal Religion), deixando que as ideas medren, se transformen e se entrelacen co movemento, a música e o xogo. Percorremos os ritmos da terra con Pachamamá (Cachirulo Teatro), que despierta en primavera con flores e seres voadores, viaxa polo calor do verán, vístese de festa no outono e adormécese baixo a neve do inverno.
E finalmente, deixámonos levar polo vento de Loo (Ponte en Pie), que move telas, obxectos e emocións, sorprendendo e envolvendo a quen o mira.
Catro mundos que se abren nunha viaxe de movemento, cor e son, transformando o teatro nun espazo de encontro, sorpresa e descubrimento para bebés e acompañantes.
Domingo, 22 de febreiro
Babili Glub
Domingo, 15 de marzo
Y las ideas vuelan
Domingo, 12 de abril
Pachamamá
Domingo, 31 de maio
Loo - Ponte en Pie
VENTA DE BILLETES
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible