“Cultura e movemento obreiro na Coruña: A biblioteca do CES Germinal (1902-1936)” Conferencia dentro da programación do Día das Bibliotecas, que este ano leva por lema "Contra a desinformación". A Biblioteca de Estudos Locais continúa con esta charla a serie iniciada en 2022, dando a coñecer as biliotecas desaparecidas da cidade, nesta ocasión as bibliotecas obreiras da cidade, en concreto a Biblioteca Germinal.
Para público adulto
Personas adultas
24/10/2025
Entrada libre ata completar a capacidade
Ya ha finalizado
De 19 a 20 horas
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Calle Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
##Día da Biblioteca #anarcosindicalismo #bibliotecas #memoria histórica #germinal #educación
O Centro de Estudos Sociais Germinal foi fundado en xuño de 1902 por obreiros de ideoloxía maioritariamente libertaria e foi unha das institucións máis activas e significativas da Coruña durante o primeiro terzo do século XX.
Coñecido por ser un centro dinámico na organización de conferencias, mitins, excursións e clases nocturnas para traballadores, Germinal destacou tamén por albergar a mellor biblioteca privada da cidade.Como referente para a defensa da liberdade de pensamento e as ideas societarias e anticlericais, Germinal xogou un papel crucial na emancipación pola cultura do mundo obreiro coruñés, xerando unha proposta cultural alternativa e esencial para a súa formación intelectual.
Participarán Paco Ascón e Daniel Palleiro.
Presentará o acto o concelleiro de Cultura e Turismo Gonzalo Castro
Paco Ascón
Experto Universitario en Animación Sociocultural e a maior parte da súa vida laboral ten estado vencellada coa Educación, e máis concretamente coa Educación de Adultos
Na actualidade é membro da Comisión confederal de Memoria Libertaria da CGT, socio de Refuxios da Memoria e fai parte do equipo promotor da Biblioteca e Arquivo Obreiro "Aurora" da Coruña. Administra a web "memorialibertarianagaliza.org" e ten publicado artigos sobre historia do movemento obreiro e as loitas populares en medios como "Rojo y Negro" de Madrid, o semanario "La Campana" de Pontevedra, e próximamente na revista "Libre Pensamiento", a nivel estatal.
Daniel Palleiro
Licenciado en Historia da Arte (USC, 2009), Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño en Fotografía (EASD Pablo Picasso, 2012), graduado en Antropoloxía Social e Cultural (UNED, 2016) e Máster Universitario en Investigación Antropolóxica e as súas Aplicacións (UNED, 2017).É libreiro e editor dende o ano 2020, facendo parte da libraría cooperativa A Tobeira de Oza e da editorial anarquista Bastiana. É membro do colectivo de investigación e divulgación Refuxios da Memoria dende a súa fundación no ano 2017. Ten escrito duas obras de investigación sobre o movemento obreiro e libertario galego: Mapoulas, sardiñas e dinamita. Xeografía libertaria das Atochas - Monte Alto (Bastiana, 2020) e Tinta libertaria, textos disolventes. Historia do libro anarquista galego (Bastiana, 2022), así como participado na obra colectiva Basilisa Álvarez, A Corales: Unha mapoula nas Atochas (Bastiana, 2023). Ten colaborado tamén con artigos de investigación e divulgación en Fol de Veleno: Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, no anuario do Seminario de Estudos Libertarios Galegos e nos medios Praza Pública, O Salto, Novas da Galiza, Clara Corbelhe e Regeneración Libertaria. Igualmente ten participado en proxectos de investigación como Disidentes: Orixes do cemiterio civil da Coruña, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible