O ciclo ILUSIOOÓH!N retoma, despois de dúas tempadas de ausencia, a súa programación de espectáculos de novo circo para persoas adultas no Centro Ágora.
Recomendada para público novo e adulto.
Para público en xeral
Dende o 23/10/2021 ata o 18/12/2021
Xa rematou
20:00 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)
Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 21,00 euros
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
No 2021 animámonos a retomar con ilusión (nunca tan acaído) este proxecto, que funcionou ininterrompidamente durante 4 anos (de outubro do 2014 a xuño de 2018), poñendo á súa disposición todos os nosos medios materiais e capacidades persoais para continuar con esta iniciativa que tenta chegar de modo directo aos públicos obxectivos e aos públicos potenciais.
Co apoio da Rede Galega de Teatros e Auditorios e a integración no proxecto "Circo a escena", promovido pola Rede Española de Teatros e Auditorios, é unha grande oportunidade para consolidar e ampliar a nosa grella programática de artes escénicas do IMCE, equilibrada en canto a disciplinas, e de retomar a programación estable de circo no Ágora a través do ciclo ILUSIOOOÓH!N.
No ciclo ILUSIOOOÓH!N OUTONO 2021 reúnense cinco espectáculos multidisciplinares onde as artes do circo, a danza acrobática, as artes escénicas e a música en directo se fusionan para ofrecer novas propostas frescas e innovadoras cargadas de forza e sensibilidade, pensadas para público adulto, das que poden gozar tamén os/as pequenos/as da casa. Nesta nova edición, preséntase un ciclo no que prima o equilibrio na variedade de propostas, atendendo ao catálogo ofertado desde a Comisión de Circo da Rede Española de Teatros e da Rede Galega de Teatros e Auditorios, na que primaron os criterios da variedade e da fusión. A posibilidade de que o público poida experimentar diversas propostas de circo con múltiples técnicas circenses: acrobacia aérea, malavarismo, equilibrismo, humor e clown, fusionadas coa danza, a música en directo e o teatro. Ademais, tívose en conta a presenza de equilibrada de xénero, con compañías mixtas e espectáculos exclusivamente executados por unha muller ou por un home; e equilibrada no xeracional, deste xeito axuntamos figuras emerxentes, tal é o caso de La Gata Japonesa, pero tamén contamos con artistas consolidados, tal é o caso Manolo Alcántara ou a formación galega Pistacatro.
En canto ás proposta artísticas propiamente ditas, a programación do ciclo Ilusiooóh!n Outono 2021 transita desde o máis experimental, tal é o caso de Esencial, de Vaivén Circus, cunha proposta de acrobacias arriscada na posta en escena inspirada no "Arcoiris de Waldorf"; a hibridación de discursos artísticos e estéticos, como pode ser a proposta de Déjà vu da Compañía Manolo Alcántara, na que o espazo escénico xoga coa desproporción extrema das medidas para falar da distancia entre unha persoa e os seus soños; a proposta cun corte máis formalista e neoclásico como El gran final de Bucraá Circus, na que ten moito peso o clown máis clásico para realizar unha homenaxe a un dos oficios máis bonitos e xenerosos do mundo como é ser pallaso/a; ou Los viajes de Bowa, de La Gata Japonesa, de acrobacia aérea; e Drop, de Pistacatro, que é un espectáculo de malabares, pero tamén e sobre todo, un espectáculo de malabaristas, un xogo de nenos/as convertido nun xeito de vida. Ademais, o ciclo ILUSIOOÓH!N OUTONO 2021 centrará os seus esforzos na creación de novos públicos, realizando, despois dalgunha das funcións, un encontro da compañía co público que así o desexe, co fin de analizar o espectáculo desde a creación e a escenificación, a traxectoria da compañía ou de calquera aspecto que xurda; de xeito que o paso de todos estes artistas polo Ágora non quede na simple representación dos seus espectáculos.
VENDA DE LOCALIDADES
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible