Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Alma de tigre

De Gonçalo Guerreiro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/03/2023 ata o 25/03/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14,00 €; 10,00 €; 8,00 €; 6,50 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

ALMA DE TIGRE é unha ensoñación revelada a partir da historia real de dúas irmás e un irmán.

A memoria, os afectos, os conflitos familiares e unha herdanza dan corpo a unha creación orixinal que transita entre as artes visuais, a danza e o cinema mudo.

O absurdo, o ridículo e o poderoso efecto cómico das situacións creadas agochan o fondo tráxico que a realidade humana transporta en si mesma.

ALMA DE TIGRE evoca a historia dunha familia pechada nunha casa misteriosa a través de cuxas fendas se van filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada.

Á morte da nai, o fillo e as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e que facer coa herdanza. Mais a casa resístese a deixarse vender.

A través da relación da música co movemento e cos elementos da escenografía, vanse revelando todos os segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral.

Con María Torres, Julia Laport, Pablo Sánchez e Mario Rodríguez

Creación, escenografía e dirección de escena: Gonçalo Guerreiro 

Dirección artística: María Torres e Gonçalo Guerreiro 

Produción artística e deseño gráfico: Carolina Díguele 

Deseño de iluminación: Nacho Martin 

Vestiario: Diego Valeiras 

Son: Manuel Fonte 

Coreografías: Sabela Domínguez, Gonçalo Guerreiro e Julia Laport

Unha produción de Elefante Elegante

Duración estimada: 70 minutos  (sen intermedio)  

*Venta de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda

* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que empece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión