Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cinenterraza: Cult-movies ano 6

Os mércores e xoves do mes de xullo no Fórum Metropolitano ás 22:30 h cita con "CULT-MOVIES", ANO SEIS

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/07/2018 ata o 26/07/2018

Xa rematou

Horario:

Mércores e xoves ás 22:30 h

* Excepto o mércores 25 festivo, que non haberá proxección.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)

Requisitos:

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Este sexto ano de CULT-MOVIES é o da consolidación da actividade e do formato, que desde o ano anterior proxéctase en 35mm con enorme éxito de público. É crucial esta aposta polo "vello" en pleno 2018 porque queremos transmitir a idea de que hai obras que son atemporais, e o que se renova é a visión que podemos exercer sobre elas. Por iso pensamos que é unha mostra de respecto cara ao noso público poder ofrecerlle os filmes no formato no que foron concibidos. A modernidade poñerana a visión dos invitados aos coloquios posteriores á proxección, todos eles representantes de diversos campos da cultura do aquí e agora, como a novísima realizadora Anxos Fazáns, o fotógrafo e cineasta Tono Mejuto, a investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza ou a escritora Dores Tembrás.

Así, volveremos ver (ou descubriremos) obras do calado da irrepetible 'A noite do cazador', único filme de Charles Laughton, a xoia oculta 'A ascensión', da cineasta rusa Larisa Shepitko, a obra mestra do cinema mudo 'Amencer' de F. W. Murnau ou a irreverente 'O sentido da vida', dos xeniais Monty Phyton.

Tamén proxectaremos unha das obras maiores do cineasta francés Eric Rohmer, 'O raio verde', a avasalladora ' Mamma Roma' de Pier Paolo Pasolini e comprobaremos se 'O silencio dos cordeiros' xa gañou o seu status de "filme de culto" 27 anos despois da súa estrea. Todas elas conforman unha ollada plural e necesaria ao pasado desde o máis rabioso presente

Día 4: THE NIGHT OF THE HUNTER de Charles Laughton

Coloquio con Dores Tembrás (escritora)

Día 5: SUNRISE de F.W.Murnau

Coloquio con Tono Mejuto (fotógrafo e realizador)

Día 11: MAMMA ROMA de Pier Paolo Pasolini

Coloquio con Sabela Mendoza (investigadora e xestora cultural)

Día 12: MONTY PHYTON´S THE MEANING OF LIFE de Terry Jones e Terry Gilliam

Coloquio con Nico Campos (guionista realizador e presidente da AGAG)

Día 18: LE RAYON VERT de Éic Rohmer

Coloquio con Anxos Fazáns (realizadora)

Día 19: VOSKHOZHDENIYE de Larisa Shepitko

Coloquio con Ana Domínguez (codirectora do Festival S(8) e realizadora)

Día 26: THE SILENCE OF THE LAMS de Johathan Demme

Coloquio con Andrés Goteira (realizador)

* Todos os filmes proxectaranse en VOS en castelán e formato 35 mm.

VENDA DE LOCALIDADES

- Venda anticipada: na conserxería do Fórum de 9.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h

* Unicamente para as películas da semana

- Venda no despacho de billetes: mesmo día da proxección desde media hora antes

* Unicamente se quedan entradas dispoñibles

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión