O mago Dani Polo presenta o seu espectáculo "A volta á ilusión"
Para público en general
13/08/2021
Ya ha finalizado
22.00 horas
Dani Polo naceu nun pobo da Coruña, Melide, o cal lle viu crecer como mago ou, como máis lle gusta dicir, ilusionista. Todo comezou un Nadal, cando unha caixa de maxia coñecida por todos caeu nas súas mans. Aos 9 anos accedeu a unha escola de maxia en Lugo e debutó con 10 anos no festival Compostela Máxica. No ano 2014 obtivo o segundo premio no Festival Internacional de Maxia de Almussafes, que gañou en 2017, xunto con mencións especiais por parte das sociedades máxicas de Francia, Italia e Latinoamérica. Máis tarde, en 2018, recibou no congreso Máxico Nacional de Francia (FFAP) o premio Ali Bongo como mago novo revelación do ano. Ademais, dirixe diferentes proxectos e forma parte da produción de dous festivais de maxia, presentou diferentes galas e certames e colaborou en diferentes programas de radio e televisión, destacando o programa "Pura Maxia" de Televisión Española.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible