70 minutos de comedia para todos os públicos protagonizados por Isabel Risco e Fran Rei.
Para público en general
09/12/2021
Ya ha finalizado
20:30 h
60 min
Auditorio del Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
E necesario inscribirse no Correo e : ozagaiteiraoscastros2@gmail.com
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros
Espectáculo onde teñen cabida varios dos temas musicais da banda (cantados en rigoroso directo), mesturados con divertidos sketches e escenas cómicas sobre o noso xeito de ser, de falar e de relacionármonos entre nós mesmos/as e co resto da humanidade.
Durante o espectáculo sucédense unha serie de reflexións e titoriais (de Youtube) sobre, entre outras, a nosa teima de contestar a unha pregunta con outra pregunta, o valor da dúbida permanente, como ligar correctamente nunha verbena ou discoteca, a retranca ou como enfrontarse ás redes sociais e ás aplicacións máis avanzadas con mentalidade decimonónica.
E todo isto visto desde a gran autoridade moral que atesouran estas dúas figuras imprescindibles da nosa cultura, que viaxan no tempo e no espazo para a ocasión. o espectáculo o espectáculo o espectáculo
DÚO VAGUEDADES
Sabemos que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal son poetas fundamentais do Rexurdimento,mais pouca xente sabe que, a mediados do século XIX, formaron o Dúo Vaguedades, que acadou grande éxito nas festas, foliadas e romarías do país e que está considerada a primeira banda techno da historia. Asemade, na obra deste dúo tamén teñen cabida outros ritmos, e podemos distinguir doadamente aires latinos, melodías pop e fusións con rap, hip hop, trap e mesmo reggaetón. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade paralela de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, mais o achado dunhas gravacións inéditas no soto do Museo do Pobo Galego sacan por fin á luzeste fito imprescindible da nosa cultura.Isabel Risco e Fran Rei preséntannos, ademais de divertidas cancións, unha sorte de compendio sobre a galeguidade, con aloucados diálogos cómicos sobre a retranca, a universalidade da nosa lingua, como ligar en galego ou, mesmo, a importancia dos ferrados e os marcos. O Dúo Vaguedades é humor e música para reivindicármonos.
Dirección Fran Rei e Isabel Risco
Elenco Isabel Risco e Fran Rei
Música orixinal Jerry Noia
Vestiario e atrezzo Isabel Risco
Fotografía e deseño cartel Jerry Noia
Deseño fondo escenografía Rocío Cibes
Responsable técnico Abrahán Sande
Produción Artefeito S. Coop. Galega e Maquinaria Pesada
Esta iniciativa naceu no ano 2020 grazas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo XXI.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible