Plan de apoio a asociacións veciñais para a realización das festas de carácter comunitario, comúnmente coñecidas como “festas dos barrios”.
Para público en general
Desde el 03/02/2020 hasta el 03/03/2020
Ya ha finalizado
IMCE
É obxecto deste texto a convocatoira pública a asociacións veciñais constituídas legalmente e radicadas na cidade de A Coruña, para a recepción de proxectos culturais e festivos, co fin de deseñar de xeito colectivo as actividades que conformarán o calendario de actividades do IMCE, en relación coas festas de carácter comunitario, denominado FACEMOS COMUNIDADE: FESTAS DOS BARRIOS.
O fin primordial da presente convocatorio é ofertar, de xeito coordinado co tecido veciñal da cidade, iniciativas e accións culturais que axuden á descentralización da súa oferta cultural. Por tanto, será un requisito imprescindible, que se trate de accións que axuden ao desenvolvemento comunitario dos diferentes barrios que a conforman.
Serán incluídos proxectos de asociacións unicamente veciñais, constituídas e sen ánimo de lucro, que teñan o seu domicilio na cidade da Coruña, e que estean legalmente constituídas e rexistradas no REMAC na data de finalización do plazo de presentación de proxectos.
O prazo de presentación dos proxectos ou actividades será do día 3 de febreiro ao día 3 de marzo de 2020.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible