O espectáculo "Un sibarita con varita" é unha das súas propostas máis aloucadas, un show cun ritmo frenético con números de toda clase, desde escapismo ata impactantes ilusións. O humor, a participación das persoas asistentes e a maxia máis visual están garantidas de principio a fin.
Para público en xeral
25/09/2021
Xa rematou
Entradas esgotadas
19.00 h
60 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada: 5,00 €
Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 12,00 €
Menores de 3 anos: 2,00 €
**Todas as persoas que accedan ao auditorio no que terá lugar a función deben facelo con entrada.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.es
Este segoviano leva máis de 15 anos dando guerra sobre os escenarios, mago, humorista e showman!!
O seu personaxe disparatado, cómico e aloucado, xunto cos seus amplos coñecementos no campo da maxia: desde grandes aparellos ou maxia con animais ata o mentalismo ou a maxia infantil, fano único.
Esta perfecta mestura de humor e maxia permitiulle estar nalgúns dos mellores festivais internacionais, teatros e salas de España, China, Latinoamérica, Portugal e Romanía.
Premios:
* 1.º Premio Mundial FISM Flasoma (Arxentina, 2017)
* 1.º Premio Nacional de Maxia Escena (Portugal, 2016)
* Premio Nacional. Mención Especial (España, 2016)
* Mellor Show de Maxia de Rúa (Miranda de Ebro 2015)
* 1.º Premio Internacional Artistas Callejeros (Aranda de Douro, 2012)
Espectáculo dirixido a público a partir de 4 anos
Espectáculo en lingua española
Venda de entradas
Despacho de billetes do Fórum: días de función desde unha hora antes (pagos en efectivo)
Venda en liña: non dispoñible
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible