As persoas que o precisen, poderán solicitar as prazas vacantes a partir do 25 de xuño chamando por teléfono ao centro do seu interese:
• FORUM: 981 184 293
• ÁGORA: 981 189 888
Informarémoslles sobre a dispoñibilidade de prazas en cada unha das quendas, que irá variando en función das chamadas recibidas.
Deberán facilitarmos o nome do/da neno/a, a queda e a modalidade horaria solicitada.
Para formalizar a praza, deberán aboar a cota correspondente mediante transferencia á conta número: ES81 2080 0380 6230 4000 5657; e enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org xunto co nome da/o participante, a quenda e modalidade horaria correspondentes.
Dispoñen de 24 horas, dende o momento da chamada, para formalizar a praza. Deste xeito a praza quedará adxudicada e será confirmada pola organización a volta do correo ou mediante chamada telefónica.
Agradecémoslles que nos fagan saber a través do mesmo correo, se a/o participante ten algún tipo de alerxia alimentaria, de necesidade de atención específica individualizada, de atención médica específica ou outras cuestións de interese para unha mellor adaptación do seu/súa fillo/filla á actividade.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible