15 de febrero de 2019
O alcalde, Xulio Ferreiro, presidirá mañá sábado pola mañá, no Pazo de María Pita, unha recepción aos equipos participantes
A Coruña acollerá este sábado 16 e domingo 17 de febreiro a celebración da Copa da Princesa de hóckey a patíns masculino, que enfrontará aos catro equipos situados nos postos máis altos da clasificación ao remate da primeira volta da OK Liga Plata. Así, o Deportivo Liceo B exercerá de anfitrión nun torneo que se celebrará no Pazo dos Deportes e no que participarán o CH Mataró, CP Taradell e Corredor Mató CH Palafrugell. Durante a mañá do sábado, o Pazo de María Pita acollerá un acto de recepción e de presentación do trofeo, que contará coa participación do alcalde, Xulio Ferreiro.
Esta tarde, ás 20.45 horas, terá lugar o sorteo do cadro de enfrontamentos da competición. Ao día seguinte, na tarde do 16, celebraranse as dúas semifinais eliminatorias ás 18.00 e as 20.00 horas. Os clubs gañadores xogarán o domingo 17 a final do torneo, nun partido que comezará ás 12.00 horas. O abono para todo o campionato será de 5 euros, pero o acceso ao Pazo dos Deportes será gratuíto para as nenas e e nenos menores de 12 anos, así como para as socias e socios do Deportivo Liceo e do Real Club Deportivo da Coruña.
Para máis información sobre a Copa da Princesa e a competición Ok Liga Plata pódese visitar o web da Real Federación Española de Patinaxe, http://www.hockeypatines.fep.es/
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible