Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Obradoiros Entroido 2026

O Castelo de San Antón convértese este febreiro no escenario dunha viaxe única polas nosas tradicións.

A quién va dirigido:

Familias, Para público en general

Cuándo:

14/02/2026

Dirección:

Castillo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Baixo o misticismo do Entroido, o Museo Arqueolóxico e Histórico presenta unha programación especial para o vindeiro sábado 14 de febreiro que conecta o noso pasado máis remoto coa maxia da máscara galega.

Desde o corazón do triángulo máxico de Ourense ata os rituais de fertilidade da Roma Antiga, a fortaleza ofrece actividades gratuítas para todas as idades:

Para os máis pequenos: O obradoiro "As cores do Entroido" convidará aos nenos e nenas (6-12 anos) a descubrir figuras como os peliqueiros ou cigarróns, rematando coa creación da súa propia máscara mediante a técnica do gravado.

Para o público adulto: Unha inmersión nos segredos das Lupercales romanas, onde se explorarán os ritos que antecederon ao noso Entroido, incluíndo un obradoiro creativo de deseño de máscaras.

Cultura e Historia: Unha visita guiada exclusiva polas seccións do Museo para coñecer a fondo o legado que custodia a nosa emblemática illa de pedra.

Información importante sobre as reservas:

Todas as actividades son de carácter gratuíto, pero requiren inscrición previa, que abrirá o vindeiro mércores 4 de febreiro ás 10:00 h.

Visitas guiadas: Reserva telefónica no 981 189 850.

Obradoiros: Inscrición en liña a través da plataforma de ticketing do Concello.

Para máis información, as actividades son as seguintes:

  1. Visita ao Museo Arqueolóxico do castelo de S. Antón.

Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.

Días: 14 de febreiro ás 12:00 h.

Duración aproximada: 1 h e 30 m.

Público: adulto

Prazas: 25

Reserva no teléfono: ) a partires das 10:00 a.m. do mércores 4 de febreiro no teléfono 981 189 850 (horario de martes a sábado de 10 a 19:00 h)

2. Obradoiros

      2.1 Obradoiro infantil:  " As cores do entroido"

O entroido chega ao Castelo de San Antón para descubri e coñecer a festa máis divertida da nosa terra, Galicia. Coa axuda dos peliqueiros, das pantallas e dos cigarróns viaxaremos ata Ourense para achegarnos ao ciclo do Entroido e pescudar sobre as súas tradicións e actividades típicas da festividade. Para finalizar, exploraremos o noso lado máis artístico traballando coa técnica do gravado na produción dunha máscara tradicional.

Día: 14 de febreiro ás 11:45 h.      

Duración aprox.: 1 h e 30 m.

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

  Reserva no seguinte enlace:  https://ticketing.coruna.gal/arq/entroido-26/ a partires das 10:00 a.m. do mércores 4 de febreiro.

2.2 Obradoiro adultos:  "Lupercales: segredos dunha festa romana"

Sabías que en época romana celebraban unha festa única chamada Lupercalia cada 15 de febreiro? Era un ritual cheo de símbolos, carreiras, e cerimonias dedicadas á fertilidade e a protección dos rabaños e as persoas. Nesta actividade descubrirás as súas curiosas tradicións, segredos e significados. Tamén terás tempo de experimentar a túa creatividade no deseño dunha máscara moi especial.

Día: 14 de febreiro ás 17:00 h.         

Duración aproximada: 1 h e 30 m.

Público: a partires dos 16 anos

Prazas: 15

Reserva no seguinte enlace: https://ticketing.coruna.gal/arq/lupercales-26/ a partires    das 10:00 a.m. do mércores 4 de febreiro.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión