Marta Alonso Tejada - Traballo en proceso.
Para público en general
08/10/2026
18.00 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
75 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Entrada gratuita previa inscripción no porgrama de mediación do TRC-Danza 2026
Danza contemporánea instalación participativa
Aburrimento: arquitecturas para o xogo escénico é un dispositivo artístico participativo que investiga como o corpo, o espazo e os obxectos poden activar o xogo colectivo e a imaxinación compartida. A proposta forma parte do proceso de creación da futura peza de danza ABÚRROME, dirixida á rapazada entre 6 e 11 anos.
A experiencia comeza cun momento de observación e percepción do lugar, que progresivamente abre paso á acción: as participantes activan o espazo, transforman a súa configuración e crean pequenas arquitecturas colectivas. A través do xogo, da relación co corpo e da interacción cos materiais, o escenario convértese nun territorio de descubrimento e creación compartida.
Este dispositivo investiga as posibilidades da participación nas artes escénicas e propón un espazo onde o aburrimento -entendido como suspensión do tempo produtivo- se converte nun motor para a curiosidade, a creatividade e o encontro.
Intérpretes: María de Vicente, Inés Santos
Dirección e concepto: Marta Alonso Tejada
Escenografía e arquitectura espacial: Juan Bas
Deseño de iluminación: Laura Iturralde
Asistencia de investigación: Cristina Varela
Entrada gratuita previa inscripción no porgrama de mediación do TRC-Danza 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible