Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Consello Municipal da Cultura (CMC)

Que é o CMC?

Órgano consultivo e asesor do Concello da Coruña en materia de cultura. É un órgano de participación do tecido cultural coruñés que pretende servir de espazo de encontro, relación e consenso sectorial.

O Consello Municipal da Cultura (CMC) crease como un órgano colexiado de participación cidadá sectorial no ámbito cultural e con carácter consultivo.  Está concibido como un espazo para asesorar, informar, debater, estudar, propoñer e traballar en rede, e ten como obxectivo achegarlles as políticas culturais municipais ás entidades culturais da cidade, colectivos, veciñanza, institucións e demais persoas ou organismos que se vexan afectadas dalgunha forma polas políticas públicas culturais

Canaliza a implicación de todos os seus membros e coñece as súas demandas e intereses, co fin de lograr a universalización do dereito da cidadanía ao acceso á Cultura e as instalacións culturais xestionadas polo Concello da Coruña.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Colectivos, empresas, organizacións, entidades culturais, artistas e protagonistas do ámbito da cultura da cidade.

QUE SE PRETENDE?

Coa creación deste Consello preténdese poñer en valor a cultura como eixo transversal e vertebrador da sociedade e conformar un espazo de encontro.

É preciso que as Administracións Públicas centren os seus esforzos no apoio á creación e á produción propias, na formación e participación de todos os axentes produtores e receptores e no intercambio con outras realidades culturais.

Co Consello Municipal da Cultura preténdese afondar na xestión democrática, participativa, activa e creativa dos programas culturais desenvolvidos polo Concello da Coruña.

Trátase de impulsar unha Cultura na que a veciñanza da Coruña se poida recoñecer, ao tempo que olla cara a diversidade de pobos, nacións e linguas do mundo, de xeito aberto e cun carácter de universalidade.

Coa creación do Consello, ábrense novas canles que vinculan a Cultura coa sociedade do coñecemento e dáselle un maior protagonismo á cidadanía, emisora maioritaria dos contidos e mensaxes culturais.

O Consello Municipal da Cultural reflicte na súa composición a pluralidade de axentes que interveñen na política cultural municipal e permite o diálogo e cooperación entre cada unha das partes.

Composición do CMC

  • Presidencia
  • Vicepresidencia
  • Pleno
  • Comisión Permanente
  • Comisións ou grupos de traballo
  • Secretaría

Reunións

Sesión informativa: 5 de abril 2022 ás 19.30 no Teatro Colón

Sesión constitutiva: 30 de novembro de 2023 ás 19.30 h no Ágora

Documentación complementaria

  • Proposta de normas de constitución e funcionamento do CMC (239 KB)
  • Regulamento CMC (667 KB)

Contacto CMC

cmc@coruna.gal

Tfno.: 981 18 98 30

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión