Concello da Coruña

Concello da Coruña

BEBESCENA OUTONO 2016

Espectáculos para público de 1 a 3 anos.

A quen vai dirixido?:

Espectáculos para público de 1 a 3 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Familias

Cando:

Dende o 11/09/2016 ata o 11/12/2016, os domingos

Este evento xa rematou

Horario:

11.30 e 13.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

6,00 €. Abono 3 familiar: 15,00 € (mínimo un adulto e un menor).

Menores de 3 anos: 2,00 €

Capacidade reducida

 

Televenda:

Ticketea

Documentos:

PROGRAMA BEBESCENA OUTONO 2016 (247 KB)

Todas as experiencias vividas nos primeiros anos de vida son fundamentais para calquera ser humano e por iso, o paso por esta clase de vivencias aposta por investir no futuro formando unha persoa diferente, nun sentido individual e social. Desexamos que eles poidan gozar xunto cos  seus familiares e adultos acompañantes dunha experiencia única.

Espectáculos representados por actores, músicos, bailaríns e outros profesionais expertos en primeira infancia, onde todo é posible sobre o escenario: as ilusións ópticas, os estados de equilibrio inexplicables, as danzas raras, as voces suxerentes, os obxectos estraños que aparecen desde os lugares máis insospeitados ... Nun momento onde aínda se están formando os sentidos, é marabilloso (en sentido literal) descubrir que as pingas de auga fan un ruído característico ou distorsionan unha imaxe, que a area é suave ou que a man de calquera esconde un caracol (que llelo pregunten aos dedos índice e maimiño). Polo tanto, se algo ensina o teatro para bebés é que non só de palabras se alimentan os humanos, en especial os máis pequenos.

Un ciclo para nenos e nenas de 1 a 3 anos en Ágora que complementa a Programación de Todo Público que coma sempre será no Fórum Metropolitano. As obras seleccionadas para ambos ciclos son un bo reflexo da boa saúde do teatro para a infancia.

Facemos unha programación de artes escénicas para o público máis pequeno coa finalidade de:

  • Facilitarlles aos pais momentos gratos de achegamento cos seus bebés
  • Provocar novas experiencias para favorecer o desenvolvemento de sensibilidades
  • Crear hábitos culturais que ao non satisfacer necesidades naturais esixen o descubrimento e o desenvolvemento da vontade
  • Ofrecer recursos para a formación, na medida en que se acheguen elementos formativos para a infancia aínda que non buscamos o didactismo
  • Favorecer o desenvolvemento de hábitos de convivencia porque a asistencia a unha representación teatral supón un acto social.

A oferta  deste outono componse de 7 espectáculos

Programa completo:

11 de setembro  - Zapatos, CARAMUXO TEATRO

25 de setembro  - 4 tempos, TEATRO DO MIOLO PRODUCIÓNS

16 de outubro  -  O comenoites, SUEÑOS DE HUMO

30 de outubro  -  Río de la Luna, DATEDANZA

6 de novembro  -  Sin palabras (se las llevó el aire...), LASAL

27 de novembro  - Olas, TELONCILLO

11 de decembro  - De agua y barro, QUASAR

 

VENDA DE ENTRADAS E ABONOS:

  • Despacho Central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto fesivos), de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes  (SÓ SE QUEDAN ENTRADAS DISPOÑIBLES)
  • Televenda: 902 044 226, de luns a venres, de 9.00 a 22.00, sábados de 14.00 a 22.00, domingos de 16.00 a 21.00 h 
  • Venda en liña: www.ticketea.com (pago con tarxeta)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión