O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza un concurso nas redes sociais para as familias con nenas ou nenos ata 12 anos co fin de fomentar a escrita.
Familias con nenas ou nenos ata 12 anos.
Familias, Para público en general
Desde el 05/08/2022 hasta el 31/08/2022
Ya ha finalizado
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o concurso "Cartas de verán", para fomentar a escrita en lingua galega entre a rapazada até 12 anos.
Como vai ese verán? Desexamos sabelo! Queremos recuperar o vello costume de escribir e recibir cartas ou tarxetas postais, así que se tedes até 12 anos:
En canto nos chegue a vosa carta ou postal, publicarémola nas nosas redes.
Tanto traballo terá premio seguro! Un agasallo que vos entregaremos presencialmente ao rematar o verán para que así a volta ao cole resulte máis divertida e tres lotiños para as mellores entre estas franxas de idade: 0-4, 5-8 e 9-12 anos (repartirase un agasallo por crianza).
*Consonte o disposto na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos persoais que se nos faciliten voluntariamente serán tratados baixo a responsabilidade do Concello da Coruña (praza de María Pita, 1, 15001 A Coruña) co fin de participar na actividade "Cartas de verán", organizado por Normalización Lingüística. En calquera momento se poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible