Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ciclo Principal: Curva España

De Xron, Manuel Cortés, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 18/10/2019 hasta el 19/10/2019

Ya ha finalizado

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Dirección:

Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Precio:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50  € (carne xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre as súas causas, motivacións e consecuencias.

Curva España é a historia dunha investigación sobre un suceso do pasado e sobre as súas implicacións no presente. Un suceso real que tivo un impacto directo limitado a unha pequena comunidade da Galiza interior, pero no que se desvela o xeito no que se vertebrou o estado liberal español durante os séculos XIX e XX, en paralelo á construción do ferrocarril.

A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, contaremos a historia da morte do enxeñeiro España artellando unha narración escénica que adopta o formato do documental, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque España chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva afastada.

Neste novo cruce de realidade e ficción sobre o escenario o que tratamos de facer é entrar no real, porque o acto teatral sería unha estratexia para entrar na realidade xunto ao público. Por tanto o obxectivo desta peza non é representar o real recreando situacións do pasado, senón facer que a representación en si mesma sexa real. Unha representación que integra unha narrativa cinematográfica documental construída en directo a partir da mestura de escenas filmadas en tempo real á vista do público e entrevistas gravadas.

Con Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leti Blanco

Dirección: Xron

Unha produción de Chévere en coprodución con Teatros del Canal, Concello de Teo e MIT Ribadavia

*Venda de entradas a partir do 9 de setembro

Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/venues/teatrorosaliadecastro/

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión