Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dania Díaz. LA MAGA

Coñece de preto a Dania Díaz, La Maga, finalista do programa Got Talent, e o seu espectáculo "La Maga". Nel, mestura os seus números máis icónicos con humor e a participación do público, contando historias e vivencias a través da arte da maxia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/09/2021

Xa rematou

Horario:

19:00 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 5,00 €

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 12,00 €

Menores de 3 anos: 2,00 €

**Todas as persoas que accedan ao auditorio no que terá lugar a función deben facelo con entrada.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

Dania Díaz, La Maga superou a máis de 6.000 persoas nas probas de acceso, e conseguiu dous pases de ouro e ser finalista do programa de televisión Got Talent, co que se converteu na maga máis viral do momento. Coa súa baralla de cartas La Maga emocionou e sorprendeu o mundo enteiro e agora esta aquí para mostrar a súa maxia de preto e facer vibrar a quen queira vivilo con ela.

Venda de entradas:

Despacho de billetes da pza. de Ourense: de luns a xoves (excepto festivos) de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 h. / Venres de 10.00 a 15.00 h

Despacho de billetes do Fórum: días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades)

Venda telefónica: 662 867 109

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión