Ciclo de maxia para público familiar no Fórum Metropolitano
Familias, Infancia
Desde el 09/09/2023 hasta el 30/09/2023
Ya ha finalizado
Auditorio del Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
ABONO 3 FAMILIAR (de venda só nos despachos de billetes): 15,00 €.
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada.
- Despois do espectáculo, se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
CON MI MAGIA Y TU IMAGINACIÓN. Amèlie Maga
Duración: 60 minutos
Descubre un espectáculo fascinante, participativo e tremendamente máxico. A maga Amèlie convídate a formar parte da súa proposta, a vivir a maxia en primeira persoa. Un xogo, unha sedución, un desafío á mente... unha forma única de presentar a maxia. Elegancia, poesía e encanto no escenario. O público é parte do espectáculo e Amèlie comparte con el un arrebato de amor, a culminación dunha obra mestra ou un aparente fracaso.
ILUSIONANTE. Ilusionista Pedro Volta
Duración: 70 minutos
O ilusionista Pedro Volta, (semifinalista de Got Talent e director artístico de Galicia Magic Fest) fará que pasedes unha tarde ILUSIONANTE chea de maxia, emoción e asombro en familia. Un show de maxia creado para estes tempos: acertará predicións imposibles coas persoas espectadoras, verás maxia ultra moderna e emocionante, inspirada en series e películas como a Casa de papel, Regreso ao futuro, os Cazafantasmas ou Mandalorian. Todo iso, acompañado cunha gran pantalla para que non perdas detalle en todo momento e alucines coa súa maxia. Lembra que as nenas e os nenos teñen que seguir soñando; e nós tamén.
DEGUSTACIÓN DE IMPOSIBLES. Joshua Kenneth
Duración: 70 minutos
"Degustación de imposibles" é unha obra apta para todos os públicos creada polo ilusionista "guiri-galego" Joshua Kenneth. Nesta selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. 70 minutos de asombro, humor e misterio, mesturado cun pouco de historia do ilusionismo. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita as persoas espectadoras invitándoas a entrar nun mundo onde todo se presenta susceptible a ser transformado, onde nada é imposible. Atréveste?
MAXIA, MISTERIOS E OUTRAS HISTORIAS. Oscar Fernández Mago (Magia en la Manga)
Duración: 60 minutos
Da man do ilusionista Óscar Fernández será posible entrar nese mundo, onde a maxia e o humor non deixarán indiferente a ninguén. Números clásicos reinventados para chegar a novos imposibles e sensacións únicas para toda a familia. O misterio non entende de idades, e tanto crianzas como persoas adultas vivirán por igual o misterio da maxia e descubrirán que pode ser máis real do que pensamos.
Óscar preséntase como un mago moderno e pillabán, que busca impacto máxico por encima de todo. O seu estilo ao facer maxia pódese describir como vangardista, pero cunha marcada influencia dos grandes mestres da maxia, clásicos e modernos.
VENDA DE BILLETES:
Entidades
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible