Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

GÜELA-GÜELA de Galitoon

LOCALIDADES ESGOTADAS

¿A quién va dirigido?:

Público Familiar

A quién va dirigido:

Familias

Cuándo:

29/12/2022

Ya ha finalizado

Horario:

18:00 h

Dirección:

Auditorio del Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Precio:

ENTRADA: 3,00 €.

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 6,00 €.

MENORES DE 2 AÑOS : 2,00€

Teletaquilla:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.

- Despois do espectáculo, se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo forum@coruna.es

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.es

Espectáculo de  monicreques con luz negra, para público familiar a partir de 2 anos.

Güela-güela é a gran aventura dunha pequena cegoña, unha historia cargada de diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia pero, sobre todo, o importante que é  voar sempre en grupo e nunca só, para protexernos dos perigos que nos podamos atopar.

Desde sempre, a misión das cegoñas foi a de levar os bebés recén nacidos aos brazos dos seus pais, voando sempre en grupos ou bandadas. Para iso, foron dotadas duns picos longos e fortes e dunhas ás grandes e poderosas, e unha forma de voar elegante e firme que lles fai poder percorrer  grandes distancias ata chegar aos seus destinos.

Pero un día, Güilly, unha pequena cegoña, decidiu que xa era maior para levar un hatillo cun bebé aos seus pais,  o cal, ao ter o pico cortiño e as ás pequenas, pero sobre todo, ao ser aínda pequeno e non poder seguir o ritmo de voo, a negativa da comunidade das cegoñas foi unánime. Sen embargo un día, sen saber moi ben como, as cegoñas adultas esquecéronse un hatillo cun bebé moi peculiar. Que pasará a partir de aquí?  Quen levará a ese bebé até os seus pais?...

O único espectáculo dunha compañía galega no Museo Nacional del Prado; baseada na obra "Concerto de aves" de FRANS SNYDERS, para a súa representación durante o 2015 e 2016, no marco das actividades dirixidas ao público familiar e infantil que visita o Museo.

Duración: 45 minutos. En galego.

Elenco artístico: Chisco Casteleiro e Vicky Pérez.

Autor, Director e Adaptación: Chisco Casteleiro

Deseño son: Ana Conca

Música: Tony Torres

Coreografía: Ana Conca

https://youtu.be/aOKMX2f28Ss

VENDA DE BILLETES:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00h e das 16.30 ás 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Forum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión