Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Jazz e Folk da nosa terra

Quinta San Vitorio

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

10/08/2021

Ya ha finalizado

Inscripciones:

https://ticketing.coruna.eu/concello/mp2021

Horario:

22.00 horas

Dirección:

Parque Europa. Calle Río Monelos,. 15006 A Coruña

A Quinta San Vitorio ou Casa Cortón, sita na aldea de San Fiz de Vixoi (Bergondo), foi un referente cultural da Galicia de entre séculos. Aquí morou a parella formada pola mestra Jacinta Landa Vaz e o filósofo Xoán Vicente Viqueira até a morte deste último en 1924.

Jacinta, extremeña de ascendencia portuguesa e finalmente exiliada en México pola dictadura, legounos algunhas das gravacións que rememoran un tempo e un lugar de mulleres extraordinarias coma a poeta Filomena Dato, as escritoras Fanny Garrido, Sofía Casanova ou Emilia Pardo Bazán.

A Quinta San Vitorio dá voz ás grandes mulleres da nosa música que foron inxustamente relegadas ao esquecemento. Compositoras como a santiaguesa Eugenia Osterberger e a coruñesa Pilar Castillo, grandes concertistas coma Pura Lage, Ana María Alvajar ou Mila Porta, e o legado de mulleres tan importantes para a nosa cultura coma Jacinta Landa ou a súa filla Luisa Viqueira.

Un concerto para reconciliarnos coa nosa historia, e achegarnos ao traballo destas grandes mulleres que nos legaron fermosas páxinas musicais que agora podemos redescubrir grazas ao traballo de investigación e recuperación deste necesario proxecto.

Sofia Adriana Portugal, voz e percusións; Sabela Caamaño, acordeón; Pedro Lamas, saxo e gaita

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión