Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2020

O concello pon en marcha a campaña “Ninguén atrás” para cubrir as necesidades educativas das e dos escolares con dificultades de acceso aos recursos dixitais

-O número de teléfono 981 184 294 está a disposición das familias para que trasladen as súas demandas en materia educativa -A alcaldesa, Inés Rey, asegura que o Goberno local “non vai deixar a ninguén atrás ante esta situación e poñerei todos os medios ao meu alcance para dotar de recursos escolares a todo o alumnado que o necesite e mesmo material informático a aquelas e aqueles rapaces máis desfavorecidos”

O vindeiro martes as familias con fillas ou fillos que cursen calquera das etapas da ensino escolar poderán chamar ao 981 184 294 para lle trasladaren ao concello as súas dificultades e poderen acceder ao material didáctico e aos recursos dixitais.

A alcaldesa, Inés Rey, asegura que o Goberno local "non vai deixar a ninguén atrás ante esta situación e poñerei todos os medios ao meu alcance para dotar de recursos escolares a todo o alumnado que o necesite e mesmo material informático para a rapazada máis desfavorecida". Para dotalos deste tipo de material dixital, o concello deberá contar cun informe pertinente do departamento de Servizos Sociais que acredite a situación de vulnerabilidade das persoas demandantes.

O Concello da Coruña, a través das Concellerías de Benestar Social e de Educación e coa colaboración do voluntariado que está a prestar axuda en diversas actuacións durante esta crise sanitaria pretende distribuír coa campaña "Ninguén atrás", e na medida do posible, as leccións da casa ou diverso material didáctico, entre as pequenas e pequenos que non dispoñen de Internet e que até o de agora non puideron facer as súas tarefas, ou as realizaron con dificultades, durante o confinamento.

O programa está dirixido a todas e todos aqueles estudantes de calquera dos ciclos escolares que carecen de recursos dixitais para accederen aos seus materiais formativos.

Desde a Concellería de Educación solicitaranlles aos cadros directivos dos colexios que lles faciliten os datos para que as/os traballadores do CMIX, que atenderán as chamadas, poidan coordinar os materiais/recursos e repartilos nos seus domicilios. Desta maneira, este programa nace da coordinación das dúas concellerías co fin de solucionaren un problema que afecta a moitas/os escolares da cidade que "non poden quedar atrás por non teren recursos dixitais nos seus domicilios".

O concello non permitirá que as e os escolares coruñeses, especialmente as/os das familias sen recursos, non continúen coa súa aprendizaxe nuns momentos tan complicados coma estes pola súa situación socioeconómica. O concello coñece a preocupación das e dos directores e profesorado da cidade por este tipo de casos en que a falta de medios provoca que o alumnado non poida realizar as súas tarefas ou proseguir cos seus estudos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión