Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de junio de 2019

O Teatro Colón acolle o xoves 13 de xuño a estrea do documental 'Concello da Coruña. Memoria e futuro'

A proxección do traballo audiovisual, no que o persoal funcionario achega a súa visión da relación entre a administración local e a cidadanía, terá lugar ás 20.00 horas. A entrada será libre até completar a capacidade do recinto

O Teatro Colón acollerá o xoves da semana que vén, o 13 de xuño, a estrea da peza documental Concello da Coruña. Memoria e futuro, unha narración cinematográfica que aborda a relación da administración local coa veciñanza nas últimas décadas a través da voz de persoas que traballaron ou que actualmente desenvolven a súa actividade laboral no consistorio. A película, producida pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, "pretende achegar o lado máis humano do persoal funcionario e poñer en valor todo o seu coñecemento e experiencia, á vez que dá á veciñanza un novo punto de vista sobre a cidade na que vive", segundo expoñen Isabel Iglesias e Iago González, responsables do guión e dirección. O traballo documental mostra a relación do Concello coa cidadanía a través do paso do tempo, desde o distanciamento e a prestación de servizos, até a situala, na actualidade, no centro da actividade municipal.

A estrea terá lugar ás 20.00 horas e a entrada será libre até completar a capacidade do auditorio da avenida da Mariña.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión