Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

POETAS (DIN)VERSOS - 5 noviembre 2012

A cita mensual no Agora co mellor da poesía contemporánea de dentro e fóra de Galicia este luns 5 de novembro conta cun poeta xa case de culto como é Xabier Cordal -nado e formado na Coruña- xunto coa figura revelación da literatura croata, Marko Pogačar.

Cuándo:

05/11/2012

Ya ha finalizado

Horario:

20.30h

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Calle Ágora. 15010 A Coruña

Precio:

Entrada gratuita hasta completar capacidad

Documentos:

Programa Completo (609 KB)

O único ciclo estable de toda Galicia que conta á vez con autores locais e foráneos continuará contando coa posibilidade de adquirir in situ os títulos dos convidados/as e solicitarlles a súa firma.

Marko Pogacar

Naceu en 1984 na antiga cidade iugoslava de Split, actual Croacia. Licenciouse en Literatura Comparada e Historia pola Universidade de Zagreb e actualmente prepara o seu doutoramento. Poeta, ensaísta,

Foi galardoado con premios, bolsas e residencias como as de Civitella Ranieri, Passa Porta, Kulturzentrum bei den Minoriten, Milo Dor e Brandenburger Tor entre outras e, ademais de participar en festivais e encontros literarios por todo o mundo, textos da súa autoría teñen aparecido publicados en máis de vinte linguas.

Autor do libro de relatos Bog neçe pomoçi (Deus non axudará), 2012, e de dúas obras ensaísticas publicadas en 2011, o seu debut literario produciuse en 2006 con Pijavice nad Santa Cruzom (Tornados sobre Santa Cruz) que axiña foi aclamado pola crítica e galardoado coma o mellor poemario publicado no seu país por un autor menor de 35 anos. Seguíronlle Poslanice obi?nim ljudima (Cartas á xente común) en 2007 e Predmeti (Obxectos) en 2009, ademais das antoloxías traducidas da súa obra que se publicaron en Viena (2010), en Belgrado (2010), en Barcelona (2010) e en Skopje (2012), e que veñen facendo del unha das figuras máis representativas e puxantes da nova literatura croata.

Técnica do poema

O primeiro presidente croata é masacrado polo esquezo,
a súa xunta militar por mor de sopa demasiado quente e camareiros mortos
que agora os ignoran; mentres percorro a cidade na dirección
oposta á morte, mentres merco xornais, merco café
nun quiosco, escoito o meu encanto agresivo, o meu carácter suave
e tamén a Haustor, a banda; un croata medio é masacrado pola convivencia,
pola tolerancia, coa súa boca chea de neve– un vasto e lixeiro fume acálmase
onda el e lévao, xunta toda esa caída, a súa
escuridade matutina, con auga que abrolla ao longo do pescozo,
auga, material e suave; a igrexa é masacrada polas constantes citas a
Cristo, por amor, incondicional e duradeiro; un porco desaparece por si
mesmo, vaise encollendo nun charco de respiración, unha presada de sangue fluínte
antes da experiencia; un poema é masacrado por Drago Štambuk; unha nai
como algunhas detalladas gravacións describen; nada permanece nada
ese brillante sol abrasado.

Xabier Cordal Fustes

Naceu na Coruña en 1965. Ademais de poeta e de colaborador habitual en prensa galega, este licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade compostelá comezou a exercer como ensinante en 1989. Na actualidade reside no Corgo (Lugo) e imparte aulas no IES da Terra Chá (Castro de Rei).


Xa durante a súa mocidade e dende o ano 1985, participara na fundación do hoxe case mítico colectivo Ronseltz, así coma nos recitais e actuacións do grupo ata a súa disolución, xusto antes de publicar Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994).

De xeito xa individual dá ao prelo os libros de poesía Arianrod (1993), Fruto do teixo (1994) galardoado co Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, Afásia (1997), A vella peneira a noite (2001) e o recentísimo transmuta (2012). Ingresa no colectivo Redes Escarlata e colabora no volume Xuro que nunca volverei pasar fame (2003). O resto da súa obra espállase en xornais (O Correo Galego, Galicia Hoxe, Vieiros), revistas literarias, de pensamento (A Trabe de Ouro) e medios sindicais e políticos (Espiral, O Xornal da CUT). Traballa ademais como autor de obras pedagóxicas, compón desde 2003 letras para o grupo Luar na Lubre e participa no guión do telefilme de Antón Dobao A Mariñeira (2007). Publicacións nacionais e internacionais recollen textos de Xabier Cordal, quen mantén así mesmo o blog Monte Alto (montealto.blogaliza.org).

Flores, por exemplo, non recordo, non sei
se valen os peixes de cores que había encima da vanguard
que mercaron cando nacín. Vivíamos no segundo,
ao redor dun patio cincento, unha sucesión de plásticos
particulares. As veciñas cantaruxaban
sobre eles. Eran gotas soas de auga na tarde inmensa,
a hora que paraba a televisión.
No piso ras do chan dúas vellas
amoreaban leña e varredura. A porta
cheiraba tanto que estaban soas, ou tolas,
como se non vivisen na cidade.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión